7.2.08

FOTCIENCIA 2007

Estas son as imaxes gañadoras do certame de fotografía científica FOTCIENCIA 2007

Na categoría "Micro" o primeiro premio foi para "Depósito de colores" de Antonio Guillén Oterino.
A fotografía móstranos unha sección dun tronco de Pinus sylvestris, cunha grande concentración de cristais de compostos fenólicos, que constitúen verdadeiras barreiras de defensa fronte ás infeccións fúnxicas e bacterianas. A imaxe realizouse cunha cámara dixital sobre un microscopio óptico, equipado cun dispositivo de polarización.

Depósito de colores

Na categoría "Macro" o gañador foi Roberto Romero Lacalle coa obra "En total oscuridad".
O ser humano afánase na construción de máquinas que permitan viaxar lonxe do planeta. A noite da fotografía non funcionou este observatorio de Sierra Nevada, pero permitiu que o autor retratara un ceo tormentoso, cheo de forza e propio dunha película de ciencia-ficción.

En total oscuridad

4 comments: