27.4.08

Os cocolitos nun planeta azul e verde

Un dos grandes enigmas en oceanografía é chegar a entender como afecta a actividade humana aos equilibrios no medio natural mariño e a posible evolución da poboación das diferentes especies.

Os cocolitofóridos son organismos autótrofos unicelulares, que forman parte do fitoplancton mariño. Son uns dos principais formadores de sedimentos de carbonato cálcico. Deste xeito, absorben dióxido de carbono cando fotosintetizan e emíteno cando calcifican.

Un dos traballos recentes sobre esta materia diríxeo Débora Iglesias Rodríguez, no Centro Oceanográfico da Universidade de Southampton. A prestixiosa revista Science publicouno na súa edición de 18 de abril de 2008 co título "Phytoplankton Calcification in a High-CO2 World".


Experimental design. Débora Iglesias Rodríguez.                            National Oceanography Center  (University of Southampton)

Emiliania huxleyi (cocolitofórido)

Cocco bloom (Débora Iglesias Rodríguez)

Na primeira das imaxes, Débora Iglesias no seu laboratorio; a segunda é unha microfotografía realizada pola autora do traballo á Emiliania huxleyi, cocolitóforo cosmopolita; a última realizouna Norman Kuring cun satélite da NASA en 1999, reflexa unhas masas de algas de crecemento rápido, na costa de Canadá.

Para máis detalles, podes ver as informacións recollidas en Science, The New York Times, Discovery Channel, Le Monde e The Independent.

5 comments:

  1. Estas fotografías son realmente pinturas abstractas. Maravillosas!

    These photographs are like abstract paintings. Amazing!

    Saludos,
    Graciela.
    http://graciela-bello.fineartamerica.com/

    ReplyDelete
  2. In the wake of examining your article I was shocked. I understand that you clear up it extraordinarily well. In addition, I assume that diverse perusers will in like manner experience how I feel in the wake of scrutinizing your article.
    Hey, know About Maqsudul Alam biography? Visit Our page or Maqsudul Alam Bio, Born, Age, Height, Movies, Facts & Family

    ReplyDelete