11.5.08

Os equilibristas de Graciela Bello

Graciela Bello é unha pintora arxentina que percorreu medio mundo (Uruguay, Brasil, Perú, República Dominicana, España, Italia, Irlanda, Suiza, Estados Unidos) coas 170 exposicións realizadas.
Para Graciela, a pintura é a forma de expresarse, de comunicar a súa visión do mundo e da vida; en palabras de Rilke, unha auténtica necesidade.
As súas obras fecundan novelas, libros de poesía, discos, revistas. Forman parte de coleccións particulares, institucións e museos.

Dende o ano 2000, a artista traballa na serie "Los equilibristas", na que experimenta o pracer do lúdico e o máxico. É unha etapa onírica, poética, de verdadeira fusión entre o real e o irreal.
A vida pendente dun fío, probablemente a mesma fonte de inspiración que levou a Maika Novoa a traballar cos seus monos colgados das lianas, esperando un mundo diferente, máis solidario e xusto.

Diversiones nocturnas

Hombre feliz

Travesuras de comodines V

Acrílicos sobre tea, primeira obra: "Diversiones nocturnas", segunda obra: "Hombre feliz", terceira obra: "Travesuras de comodines".
Para completar a visión e coñecemento dos seus cadros, podemos aproximarnos á súa web e ao seu blog.

8 comments:

  1. Muchas gracias de corazón a José del Ateneo Fotográfico por exhibir mis pinturas en un sitio tan cálido, donde conviven el arte, la naturaleza, el buen gusto y la armonía.Espero poder aportar un poco de mi mundo mágico!!!
    Con afecto,
    Graciela.(pintora argentina)

    ReplyDelete