6.6.08

A atmosfera da feira da Ascensión

Santiago de Compostela. Día da Ascensión. A carballeira de Santa Susana cóbrese de postos ambulantes, de luces de lámpadas grandes, de máquinas xigantes con iconos escuros.

Vendedores ambulantes, que seguen unha tradición iniciada na Idade Media, perpetúan os seus oficios e ofrecen mazás caramelizadas, probas de habilidade e racións de diversión.

Contrastan eses rostros sucados pola fatiga coa explosión de luz e co rebumbio que nunca se apaga. A carballeira transfórmase de novo nun escenario. Vidas duras nunha estraña posta en escena, na que nunca se baixa o telón.

Cociñeiros

Churreira


Posto da feira

Noria



















Texto e reportaxe gráfica: Noemí Iglesias Rodríguez

1 comment: