22.6.08

Distincións "árvore da felicidade"



Hai unhas semanas, Graciela Bello outorgoume esta distinción co encargo de facer o mesmo con outras seis persoas.

Eu quero trasladar estas mencións do mundo da arte e da cultura a outros contidos na rede relacionados coa comunicación, gastronomía, natureza, ecoloxía, sendeirismo e fotografía, asuntos todos eles vinculados co Ateneo Fotográfico.

José Luis Orihuela, mestre da comunicación e das relacións dos medios e os bloggers en internet, co seu e Cuaderno.

Manuel Gago, cun menú amplísimo relacionado coa cultura multimedia, os estilos de vida, internet, a gastronomía, entre outras moitas cousas. Capítulo 0.

Jorge Guitián, polo seu Gourmet de provincias, tratado moi persoal da gastronomía actual, con moitos comentarios e suxestións.

José Trigo e os seus amigos de Sendereando, verdadeiros mestres do saber estar e saber andar. Páxina con rutas, fotografías e un pouco de literatura.

Arturo Larena e o resto de autores de Infoecología, revista electrónica que recolle noticias, convocatorias e imaxes sobre ecoloxía e xornalismo ambiental.

Diego López, mestre da fotografía da natureza. Conservacionista e amante do mundo natural. Participa en programas internacionais. Gonature.

Aí vos deixo as portadas de todas estas páxinas. Que a cadea continúe! Moita sorte e moita saúde.
















5 comments: