Panorámica Laxe da Moa (cabeceira) Mirada / Gaze Mirada / Gaze Panorámica faro Collendo auga Retratos de Jorge Fuembuena (Plaza Matadero Madrid) Fervenza de Segade (Caldas de Reis) Aceite Arbequina. Aceites Abril Expo Camelia Fonseca Escaleira helicoidal de Bonaval (Domingo de Andrade) - 3 Greas da Groba 4 Catedral de Santiago. Nadal 2012. Posta de sol. Fervenza do Ézaro.

Soledad Felloza, ao pé do lar

  • 14.2.10
  • Soledad Felloza é unha artista polifacética, actriz, contacontos, pero tamén fotógrafa.

    Aquí están tres das súas múltiples imaxes da exposición "Ao pé do lar", que se pode ver no Museo do Pobo Galego, de Santiago de Compostela.
    Na primeira delas, a casa Méndez (San Fiz de Asma, Chantada, Lugo), con Germán e a súa dona. Para Soledad, o máis difícil desta fotografía foi o enfoque en medio do fume. É unha imaxe sen flash, coa maxia que provén do lume.
    A continuación, o pazo de Amarante (Antas de Ulla, Lugo), no que aparecen Fina e o seu can Pastor. Arriba, os xamóns, lacóns,... e dentro da lareira, os chourizos sedentos de fume. Esta fotografía fíxose sen trípode, cun gran angular e unha ISO 2000. O soporte foi unha artesa.
    En terceiro lugar, a casa de Emérita e Juan, na aldea de Meixide, A Veiga (Ourense). Tía e sobriño asan castañas e falan de contos, anécdotas e recordos.

    Imaxes copyright Soledad Felloza, exposición "Ao pé do lar". Máis información en Capítulo 0, de Manuel Gago, director e comisario da exposición e na web da mostra, que forma parte das actividades paralelas do Fórum gastronómico de Santiago de Compostela 2010.

    Casa_mendez-recorte

    Pazo-Amarante

    Casa-Emerita-Juan-recorte

    0 comentarios:

    Real Time Web Analytics