Panorámica Laxe da Moa (cabeceira) Mirada / Gaze Mirada / Gaze Panorámica faro Collendo auga Retratos de Jorge Fuembuena (Plaza Matadero Madrid) Fervenza de Segade (Caldas de Reis) Aceite Arbequina. Aceites Abril Expo Camelia Fonseca Escaleira helicoidal de Bonaval (Domingo de Andrade) - 3 Greas da Groba 4 Catedral de Santiago. Nadal 2012. Posta de sol. Fervenza do Ézaro.

De Corme a Laxe, polo Camiño dos Faros

  • 26.5.19
  • A Asociación de Antigos Alumnos da Universidade de Santiago (Alumni USC) está de festa, rematou o Camiño dos Faros, entre Malpica e Fisterra.
    Para ter a mellor vista da ría de Corme e Laxe hai que subir ao monte Castelo.
    Despois de pasar polo Roncudo, percorremos as praias de Corme ata chegar a Balarés e Monte Branco, lugar idóneo para contemplar a desembocadura do Anllóns.
    E xa que estamos aquí iremos ao Castro de Borneiro e ao Dolmen de Dombate, a catedral megalítica galega.
    Os fermosos areais de Rebordelo e San Pedro son o mellor aperitivo para chegar a Laxe, que ten praia, faro e un porto abrigado.

    A ría de Laxe e Corme supón unha experiencia única para os sentidos, o valor dunhas terras e mares cargados de maxia, tradicións e mitos. 
    Necesitarás dous días para facer este percorrido completo.
    Unha recomendación final, alóxate e reláxate no hotel Playa de Laxe.

    Máis información na web do Camiño dos Faros.

    Imaxes:
    1.- O Roncudo desde Punta do Cabalo.
    2.- Praia da Ermida (Corme).
    3.- Piraguas de Balarés.
    4.- A ría de Corme e Laxe desde Monte Branco.
    5.- Dolmen de Dombate.
    6.- Praias de Rebordelo e San Pedro.
    7.- Castro de Borneiro.
    8.- Praia de Laxe.


    O Roncudo desde Punta do Cabalo Praia da Ermida - Corme Piraguas de Balarés Ría de Laxe e Corme desde Monte Branco Dolmen de Dombate Praias de Rebordelo e San Pedro Castro de Borneiro Praia de Laxe

    4 comentarios:

    PEPY dixo...

    Incomparables marcos...

    Unknown dixo...

    Que preciosas fotos !!! Moitas grazas por compartilas
    Temos un país marabilloso.

    Unknown dixo...

    Que preciosas fotos!!! grazas por compartilas
    Temos un país maravilloso!!!
    Benita

    Mohamed Abdellatif dixo...

    شركة مكافحة حشرات ببريدة
    شركة مكافحة حشرات بحائل
    شركة مكافحة حشرات بالقصيم
    شركة مكافحة حشرات بالاحساء

    Real Time Web Analytics