8.3.20

Francisco Almuíña


Esta é unha pequena homenaxe a Francisco Javier Almuíña Chorén (Francisco do Romualdo), unha persoa fóra de serie, que destaca pola súa xenerosidade e solidariedade.
Trátase dun dos heroes e anfitrións do Camiño de Inverno, de Ponferrada a Compostela, proxecto expositivo promovido por Alumni USC (Asociación de Antigas/os Alumnas/os da Universidade de Santiago de Compostela).

Francisco preside a Asociación Ribeira Sacra Rural, agrupación empresarial de aloxamentos de turismo rural e empresas de actividades e deportes de aventura na Ribeira Sacra. 

É guía turístico e zanfonista da Casa do Romualdo. Na exposición aparece na lareira da Casa do Romualdo.
Coñece mellor ca ninguén cada recuncho das beiras do Miño e da Ribeira Sacra. Unha palpable demostración é a terceira das imaxes, na que guía a un grupo de persoas, coa fotógrafa Mónica R. Goya, autora da reportaxe "La armonía de Ribeira Sacra" para Iberia Excelente.


Exposición Camiño de Inverno, de Ponferrada a Compostela.
Hotel Oca Puerta del Camino. Santiago de Compostela.
Ata o 31 de de marzo. Entrada de balde. Horario: 24 horas.
Segunda imaxe: Belesar no outono.

Francisco Almuíña, zanfonista da Casa do Romualdo Belesar no outono Francisco Almuíña, guía da Ribeira Sacra

6 comments: