Panorámica Laxe da Moa (cabeceira) Mirada / Gaze Mirada / Gaze Panorámica faro Collendo auga Retratos de Jorge Fuembuena (Plaza Matadero Madrid) Fervenza de Segade (Caldas de Reis) Aceite Arbequina. Aceites Abril Expo Camelia Fonseca Escaleira helicoidal de Bonaval (Domingo de Andrade) - 3 Greas da Groba 4 Catedral de Santiago. Nadal 2012. Posta de sol. Fervenza do Ézaro.

O Ateneo Caldense a pé de foto

  • 28.2.06

  • Natureza e ecoloxía no Ateneo Caldense

    En 1985, difundíronse as primeiras bases do certame “Natureza e ecoloxía”, cun enfoque de concurso aberto, coa exposición das obras máis destacadas.
    En 1987, ano europeo do medio ambiente, a Comisión directiva do Ateneo Caldense decidiu potenciar o certame cunha segunda mostra temática: Fotonatura. Nela exhibíronse as 100 obras seleccionadas do concurso anual organizado pola revista Natura. A partir deste ano, Natureza e ecoloxía pasou a ser o primeiro concurso español no seu xénero, de carácter privado.
    En 1992, participaron 141 autores, cun total de 667 obras en representación de tódalas comunidades autónomas.
    A organización do concurso-exposición dependeu durante varios anos de Andrés de la Cruz.

    Tendencias

    Os que foron seguindo as exposicións ano a ano, decataríanse da presencia de varias escolas e tendencias fotográficas. Do conxunto dos premiados nas 10 edicións, hai que destacar tres persoas, tres fotógrafos que constitúen un bo código xenético para as vindeiras xeracións. Alberto Porres Viñes, representante de Tarragona e do Mediterráneo, Fernando Flores Huecas, un dos artífices das agrupacións fotográficas de Madrid e Xosé Varela Vilariño, un expoñente da fotografía atlántica. Os tres publican nas revistas fotográficas máis prestixiosas e supoñen un activo de primeira orde do certame Natureza e ecoloxía.
    Alberto Porres, entre outras mencións, foi o gañador do Premio social da Bienal de fotografía Dow Chemical de 1992, sobre natureza e medio ambiente, coa súa obra “Liberdade”.
    Fernando Flores é un mestre de recoñecido prestixio internacional, que conxuga o seu saber facer coa súa chispa creadora. Fotógrafo de campo e estudio, en plena madurez. A compañía Hasselblad decidiu adquirir 15 das súas obras para a publicación Forum.
    Xosé Varela retratou como ninguén a traxedia ecolóxica do Mar Exeo. É un bo especialista da macrofotografía, reporteiro cunha visión comprometida, onde prima a estética e a súa conciencia ecolóxica.

    Son e imaxe camiñan, cada vez máis, xuntos. Hai un tempo, sempre penso en ver a música, non sei se en color ou en branco e negro. Creo que chegou o momento de empezar a escoitar a imaxe. ¡Boa sorte!

    JOB, tomado do artigo “Color ou branco e negro”, publicado polo Faro de Vigo o 17 de agosto de 1996.

    1 comentarios:

    Anónimo dixo...

    An outstanding share! I have just forwarded this onto a coworker who had been doing a little research on this.
    And he actually ordered me breakfast because I found it for him...
    lol. So allow me to reword this.... Thanks for the meal!!
    But yeah, thanx for spending time to talk about this matter here on your website.


    my web blog; หญ้าปักกิ่ง

    Real Time Web Analytics