Barco da Cidade da Cultura (Santiago de Compostela) Formas e texturas. Lisboa My creation Formas e texturas. Pazo da Saleta Punto de encontro

Lutherapia

  • 18.3.12
  • Esta é unha pequena homenaxe a Les Luthiers, con motivo do seu novo paso por Galicia, coa súa Lutherapia. Hoxe rematan na Coruña e dende o día 20 están en Vigo.
    Únicos, fóra de serie, habería que clonalos para sempre.

    Imaxes: na primeira, os cinco compoñentes actuais do grupo, Carlos Núñez Cortés, Jorge Maronna, Carlos López Puccio, Daniel Rabinovich e Marcos Mundstock. Na segunda e terceira, dous dos instrumentos de construción recente, o Bolarmonio e a Exorcítara. Na cuarta imaxe, un momento de Lutherapia (Daniel Rabinovich e Marcos Mundstock). E na última, un clásico, o Bass-pipe a vara, un dos primeiros instrumentos de Les Luthiers.

    Toda a información na páxina oficial, lesluthiers.com

    Les Luthiers (Lutherapia)

    Bolarmonio ( de Les Luthiers)

    Exorcítara (de Les Luthiers)

    Lutherapia (Daniel Rabinovich, Marcos Mundstock)

    Bass-pipe a vara (de Les Luthiers)

    Sirio acompaña a Orión

  • 11.3.12
  • Inverno cálido e seco, meses de estrelas.
    O día 11 de xaneiro, ás 10 da noite, Orión saía acompañado de Sirio, a estrela máis brillante (podes observarla entre as ramas do chorón).
    No mapa estelar, podes ver os nomes das estrelas máis significativas de Orión.
    Por certo, levamos unhas noites nas que Venus e Xúpiter bailan xuntos. E o 25 e 26 de marzo, na festa participa a lúa.

    Orión 11-01-12, 22 horas

    Orión + Sirio (11-01-12, 22 h)

    Arbequina

  • 4.3.12
  • O pasado luns, no Fórum gastronómico de Santiago, Aceites Abril realizou unha cata dos seus aceites virxe extra monovarietais, Arbequina, Hojiblanca e Picual.
    A sesión foi dirixida por Daniel Guzmán, de V Televisión.
    Na cata dos aceites, predominan os sentidos do olfacto, gusto e tacto.
    A variedade Arbequina é afroitada, aromática e doce. Suave, delicada e lixeiramente amendoada.

    Arbequina monovarietal. Aceites Abril

    Aceite Arbequina. Aceites Abril

    Fórum gastronómico Santiago 2012

  • 26.2.12
  • Primeira xornada cun programa moi completo para todos os públicos.
    Pola mañá destacou o concurso de pulpeiras, no que resultou gañadora Palmira Acuña, da illa de Ons. E da tarde, destaco dúas instantáneas. A primeira corresponde á sesión "Unha paisaxe, un cultivo, unha cociña", protagonizada por Xoán Manuel Crujeiras e Manuel Gago. E a segunda, recolle o momento en que Miguel Vila escoitaba as palabras de Araceli Filgueira sobre Álvaro Cunqueiro e o libro de cociña galega editado en 1982. A continuación, entraron os cociñeiros e prepararon seis pratos. A festa continúa os días 27 e 28.
    Toda a información na web oficial do Fórum gastronómico.
    Na terceira das imaxes, Berta Castro do programa "Come e Fala" da Radio Galega entrevista a Palmira Acuña.

    Fórum gastronómico 2012. Auditorio no concurso de pulpeiras, 26 de febreiro de 2012

    Fórum gastronómico 2012. Concurso de pulpeiras

    Fórum gastronómico 2012. Palmira Acuña, gañadora do concurso de pulpeiras, entrevistada por Berta Castro (radio Galega, "Come e fala")

    Fórum gastronómico 2012. Manuel Gago e Xoán Manuel Crujeiras

    Fórum gastronómico 2012. Miguel Vila, pendente das palabras de Araceli Filgueira

    Arte no Parlamento de Galicia

  • 19.2.12
  • Nunha visita do Ateneo de Santiago ao Parlamento de Galicia recollín algunhas imaxes das obras de Díaz Pardo, Siro López (Vicente Risco), J.M. Barreiro (Santiago 2000, Capital Cultural), a escultura "Sara" de Francisco Leiro e un cadro de Alfonso Sucasas.
    Por certo, o Parlamento de Galicia celebra os seus 30 anos, cunha exposición moi interesante. O Parlamento é a túa casa e o lugar onde traballan os representantes do pobo galego, pero tamén é unha magnífica galería, chea de obras únicas.

    Gallaecia. Isaac Díaz Pardo. Parlamento de Galicia

    Vicente Risco (autor: Siro López). Parlamento de Galicia

    Santiago 2000. Capital cultual. J.M. Barreiro


    Sara (Francisco Leiro)

    Cadro de Alfonso Sucasas. Parlamento de Galicia

    Jeff Wall, o sendeiro sinuoso

  • 12.2.12
  • Dúas últimas semanas da exposición de Jeff Wall, no Centro Galego de Arte Contemporánea, de Santiago de Compostela.
    O sendeiro sinuoso examina o contexto que propiciou o desenvolvemento do artista, a través dunha ampla escolma das súas obras. O proxecto explora as íntimas interconexións entre o proceso creativo e as influencias e indagacións que marcaron este proceso.
    Na exposición abórdase unha gran diversidade de temas que resultan esenciais na obra de Wall: o minimalismo e a relación coa escala, a fotografía histórica, a fotografía conceptual e posconceptual, a literatura, a fotografía documental.

    Imaxes da web do CGAC e de realización propia nunha visita do Ateneo de Santiago.

    la foto.JPG

    O home invisible. Jeff Wall. CGAC

    Composición propia de dúas imaxes de Jeff Wall. CGAC.

    Ateneístas de Santiago. Exposición de Jeff Wall. CGAC. Santiago de Compostela.

    Exposición de Jeff Wall. CGAC. Santiago de Compostela

    la foto.JPG
    Web Analytics