Panorámica Laxe da Moa (cabeceira) Mirada / Gaze Mirada / Gaze Panorámica faro Collendo auga Retratos de Jorge Fuembuena (Plaza Matadero Madrid) Fervenza de Segade (Caldas de Reis) Aceite Arbequina. Aceites Abril Expo Camelia Fonseca Escaleira helicoidal de Bonaval (Domingo de Andrade) - 3 Greas da Groba 4 Catedral de Santiago. Nadal 2012. Posta de sol. Fervenza do Ézaro.

Enciña da Lastra

  • 14.5.24
  • A flora do parque natural da Serra da Enciña da Lastra maniféstase en todo o seu esplendor no mes de maio.

    A sensación é de estar nun lugar único, cos sentidos agasallados por unha sinfonía de cores e sons de paxaros e insectos.

    Antes de chegar a Vilardesilva podes parar no miradoiro da Portela e contemplar Penarrubia, a serra da Cabrera e os arribes do Sil. A aldea ten un encanto especial e dúas fontes. Na de abaixo escomenza o sendeiro a Covas, no que poderás observar media ducia de especies de orquídeas. 

    Nas inmediacións de Covas destacan os soutos de castiñeiros e o forno de cal. E xa sobrepasada a aldea, dous tesouros máis, unha sobreira e unha aciñeira monumental que dá nome ao parque natural.

    Polo camiño hai roseiras silvestres, cantroxos, nazarenos, soaxes, trevos, chuchameis, carpazas mouras, leiterenas, papoulas, múltiples flores que inundan os nosos ollos.

    Os substratos xeolóxicos que se atopan no parque natural son unha das súas peculiaridades. O compoñente máis relevante son as rochas calcarias e dolomías, compostas por carbonato cálcico as primeiras e carbnonato cálcico e magnésico, as segundas.

    Outra das características esenciais desde espazo é a súa mediterraneidade, con baixas precipitacións e contraste climático acusado.

    Conservemos o parque natural da Serra da Enciña da Lastra, biodiversidade en estado puro.

     Imaxes: 

    1.- Mapa do parque natural Serra da Enciña da Lastra. Sendeiro Vilardesilva - Covas. 

    2.- Panorámica de Vilardesilva co cumio e encoro de Penarrubia. 

    3.- Forno de cal de Covas. 

    4, 5, 6.- Orquídeas: Ophrys scolopax (orquídea arcea), Ophrys sphegodes (abelleira escura), Aceras anthropophorum (flor do home aforcado).

    7.- Tronco de castiñeiro con nogueira okupa

    8 e 9.- Sobreira e aciñeira monumental de Covas. 

    10.- Silene vulgaris.

    11.- Muscari comosum (nazareno). 

    Vilardesilva - Covas Vilardesilva e encoro de Penarrubia Forno de cal de Covas Ophrys scolopax - Orquídea arcea Ophrys sphegodes - Abelleira escura Aceras anthropophorum - Flor do home aforado Tronco de castiñeiro con nogueira “okupa” Sobreira de Covas Aciñeira monumental de Covas Silene vulgaris Muscari comosum - Nazareno

    2 comentarios:

    Tín Herva dixo...

    Camiño contigo(virtualmente)e moito agradezo que compartas estas alfaias galaicas.
    ( entre nós: nunca imaxinei orquídeas no país. Pensaba sempre no tropical ou latino....somos afortunados! )

    job - José Manuel Ortigueira Bobillo dixo...

    Hai poucos sitios nos que a natureza se manifesta deste xeito, cunha biodiversidade fóra de serie.

    Real Time Web Analytics