Panorámica Laxe da Moa (cabeceira) Mirada / Gaze Mirada / Gaze Panorámica faro Collendo auga Retratos de Jorge Fuembuena (Plaza Matadero Madrid) Fervenza de Segade (Caldas de Reis) Aceite Arbequina. Aceites Abril Expo Camelia Fonseca Escaleira helicoidal de Bonaval (Domingo de Andrade) - 3 Greas da Groba 4 Catedral de Santiago. Nadal 2012. Posta de sol. Fervenza do Ézaro.

Glaciares da Patagonia

  • 15.11.08
  • A Patagonia arxentina é sen dúbida unha paixase para descubrir, conformada por montañas, acantilados, desertos, praias, bosques ancestrais, neves eternas, glaciares e lagos cristalinos, de gran beleza.

    O Parque Nacional dos Glaciares alberga a terceira concentración de xeo do planeta, despois dos Polos. Aquí nacen máis de 350 glaciares, únicos no mundo. Descenden entre os cerros circundantes como ríos de xeo para morrer no lago Arxentino, formando un espectáculo paisaxístico realmente impresionante.

    Nas dúas primeiras imaxes, o glaciar Upsala, o máis grande do Parque Nacional e o máis longo de Suramérica. Ten unha superficie total de 1.000 Km2. A primeira das fotografías procede de Google Earth.

    A continuación, o glaciar Perito Moreno, ten unha superficie de 195 Km2 e unha lonxitude de 30Km, sobresae entre 30 e 60 metros sobre o nivel das augas do lago Arxentino. Este glaciar é dos poucos do planeta que aínda avanza.

    Témpanos de xeo. Estas masas dispérsanse ao longo do lago Arxentino (na última imaxe) pola acción do vento e da corrente. A cor azulada débese ao grao de compactación do xeo e a o efecto refractivo da luz.

    Para descubrir estas xoias, hai que desprazarse ata o aeroporto do Calafate, lugar que queda a pouca distancia dos glaciares (50º de latitude sur e 73º de lonxitude oeste).

    Texto e reportaxe fotográfica: Placeres Conde Suárez.

    Upsala from Google Earth

    glaciar Upsala

    Glaciar Perito Moreno

    Témpano de xeo (lago Argentino)

    Lago Argentino

    2 comentarios:

    An dixo...

    Despois de ver as ferbenzas do Iguazu, teño unha débeda pendente con ista outra maravilla. apertaS.

    Anónimo dixo...

    Impresionante. Transmítese a fraxilidade desta maravilla da natureza. Unha aperta, nir

    Real Time Web Analytics