Dende que Hawaii emerxeu do fondo do mar a partir do volcán Diamond Head, e foi inicialmente habitada por colonos das illas Marquesas e, máis tarde, de Tahití, a súa historia viuse marcada por numerosas incursións que alteraron a vida dunha das sociedades máis xenuínas do Pacífico.
O 17 de xaneiro de 1779, James Cook, a bordo do Discovery, descobre as que bautizaría como illas Sandwich. Naquel momento, os nativos celebraban un ritual en honor ao Deus Lono. Era a primeira vez que avistaban unha nave e creeron ver achegarse o templo flotante do Deus do Mar.
Entre múltiples fitos na súa historia, pódese salientar a chegada de misioneiros protestantes a finais do século XIX ou, xa en pleno século XX, a declaración de Hawai como quincuaxésimo estado norteamericano.
O bombardeo de Pearl Harbour polos xaponeses supuso outro duro golpe e provocou a entrada de Estados Unidos na Segunda Guerra Mundial. E paradoxicamente, os xaponeses protagonizaron, a partir dos anos 80, un investimento masivo en bens inmobles que provocou o aumento sen precedentes no prezo da vivenda.
Nunha cultura na que a propiedade da terra non existía e as responsabilidades sociais estaban absolutamente asimiladas pola comunidade, foi difícil asimilar todos estes cambios.
A poboación nativa é hoxe en día o colectivo máis desfavorecido, con diferenza, de todos os que habitan as illas. A pesar diso, non amosan resentimento e, milagrosamente, conservan o espírito aloha da cultura dos seus antepasados.
Nunha escola, os nenos cantan, acompañados pola cadencia dun ukulele, un poema que describe a orixe do cosmos: “Pola mañá, o vento sopra a néboa e deixa caer unha cortina de chuvia sobre os vales. A chuvia é a semente que o ceo pai impregna na terra nai, e desa unión nace todo no cosmos”
Texto e fotografías: Noemí Iglesias Rodríguez
2 comentarios:
adidas superstar shoes
kobe 11
gucci belt
kobe shoes
nike air max 2017
adidas nmd r1
cheap mlb jerseys
longchamp
nike zoom running shoe
michael kors handbags
ray ban sunglasses
philadelphia eagles jerseys
moncler outlet store
jimmy choo shoes
boston celtics jersey
nfl jerseys
nike air huarache
ralph lauren uk
cheap jordan shoes
cleveland cavaliers
Publicar un comentario