Panorámica Laxe da Moa (cabeceira) Mirada / Gaze Mirada / Gaze Panorámica faro Collendo auga Retratos de Jorge Fuembuena (Plaza Matadero Madrid) Fervenza de Segade (Caldas de Reis) Aceite Arbequina. Aceites Abril Expo Camelia Fonseca Escaleira helicoidal de Bonaval (Domingo de Andrade) - 3 Greas da Groba 4 Catedral de Santiago. Nadal 2012. Posta de sol. Fervenza do Ézaro.

Galicia, terra de camelias

  • 22.3.08
  • A Sociedade española da Camelia e Turgalicia organizaron unha exposición de camelias no pazo de Fonseca, da Universidade de Santiago.

    Da colaboración entre Turgalicia e a Sociedade española da Camelia naceu a iniciativa de crear un circuito de xardíns, vinculados á cultura da camelia, lugares únicos para pasar o tempo en contacto coa natureza.

    Estes son os xardíns que conforman a Ruta da Camelia Galicia:

    1. Pazo-Museo Quiñones de León (Vigo)
    2. Castelo de Soutomaior (Soutomaior)
    3. Pazo da Saleta (Meis)
    4. Pazo de Rubiáns (Vilagarcía de Arousa)
    5. Casa-Museo de Rosalía de Castro (Padrón)
    6. Pazo de Oca (A Estrada)
    7. Pazo de Santa Cruz de Ribadulla (Vedra)
    8. Pazo de Mariñán (A Coruña)

    A continuación, fago unha selección das flores da exposición. Na entrada seguinte, pode verse a proxección das imaxes máis destacadas.

    C18

    C19

    C9

    C15

    C5

    Moitas grazas por esta magnífica exposición a Beatriz Piñeiro, Aquilino Rosario, Begoña Franco, Conchita Sarmiento, Eduardo de la Rubia, Laura Almuiña, Mª Elena Nóvoa, Eusebio López, Carmen Corral, Isabel Salinero, Jaime Escofet, Jesús Costas, José Mª Fachado, Cuca Rozas, Leonor Magariños, Filo Valiña, Manuela Couso, María Otero, Matusa Lago, Mª Mercedes Pita, Elena Nogueira, Olga Castelo, Lelita Gradín,... e a Estación Fitopatolóxica do Areeiro.

    3 comentarios:

    An dixo...

    fermosa flor a da camelia, e moi ben "sacada" Saudos

    Anónimo dixo...

    É un pracer levar as flores e ver despois a expectación con que agarda a xente e a cantidade que vén gozar da exposición (disque unhas 25.000 persoas!)
    As fotos, moi boas, por certo e moitas grazas a ti por tiralas e compartilas con todos agora!
    Saúdos!

    job - José Manuel Ortigueira Bobillo dixo...

    moitas grazas,
    ateneofotografico@gmail.com

    Real Time Web Analytics