Panorámica Laxe da Moa (cabeceira) Mirada / Gaze Mirada / Gaze Panorámica faro Collendo auga Retratos de Jorge Fuembuena (Plaza Matadero Madrid) Fervenza de Segade (Caldas de Reis) Aceite Arbequina. Aceites Abril Expo Camelia Fonseca Escaleira helicoidal de Bonaval (Domingo de Andrade) - 3 Greas da Groba 4 Catedral de Santiago. Nadal 2012. Posta de sol. Fervenza do Ézaro.

Obradoiro, 6.000 corazóns

  • 6.5.12
  • Resulta difícil resumir en catro imaxes toda una tempada de emocións.
    A primeira delas é para a afección, representada aquí por Lucía, animadora incansable, antes, durante e despois dos partidos.
    En segundo lugar, Oriol Junyent abraza e suspende no aire a Raúl López, presidente. Fotografía realizada uns minutos despois de rematar o partido entre o Obradoiro e o Valencia, que certificou a continuidade na ACB. A intervención de Oriol foi decisiva no último cuarto do partido, todo un exemplo de entrega tendo en conta a súas lesións.
    A continuación, os 12 xogadores do equipo, no inicio dun partido.
    E finalmente, unha mención especial ao corpo técnico dirixido por Moncho Fernández, que aparece na imaxe acompañado por Fran, o delegado.

    Hoxe remata a tempada e 6.000 voces volverán cantar o Miudiño. 6.000 voces, 6.000 almas, 6.000 corazóns.

    Información completa na páxina web oficial do Obradoiro.

    Lucía

    Raúl + Oriol

    Equipo Obradoiro 2011-2012

    Obradoiro (Adestrador e Delegado)

    0 comentarios:

    Real Time Web Analytics