O Ateneo de Santiago pecha o seu proxecto Compostela Única, coa presentación da publicación conmemorativa.
Nela aparecen as fotografías expostas en Fonseca e unha serie de colaboracións escritas de Salvador García Bodaño, Xerardo Estévez, José M. González Herrán, Anxo Tarrío, Encarna Otero, Xosé Ramón Pousa e Manuel Fraga Carou. Este libro-catálogo incorpora un DVD con todas as fotografías cedidas polas institucións, fotógrafos e veciños, en xeral.
Características técnicas: Tapa dura, con verniz UVI e catro tintas, para conseguir a máxima calidade dos orixinais recollidos. O deseño foi de Permuy e a edición de Tórculo. Os patrocinadores deste proxecto foron Fundación Endesa, Begano/Coca-Cola e Consorcio de Santiago. Contouse co apoio da Universidade de Santiago e a libraría Couceiro.
Ramón Neira e José Manuel Ortigueira agradecen todas as colaboracións e felicitacións recibidas.
Imaxes:
1.- Portada do libro.
2.- Interior do libro e escultura de Valle-Inclán realizada por César Lombera.
![](http://farm8.staticflickr.com/7360/9057346010_51759b4066.jpg)
![](http://farm6.staticflickr.com/5537/9057345418_483222c445.jpg)
2 comentarios:
Extraordinario e impagable trabajo de idea, producción y dirección. Así que una vez más mi sincera felicitación, queridos Jose y Moncho.
¡Felicidades!
Un tesouro para todos, e especialmente para os cidadáns de Compostela, a quen se nos abre unha mirada diferente da cidade.
Noraboa e grazas,
Publicar un comentario