Nas inmediacións de Cornide (Teo), poden observarse seis penedos graníticos con diversos gravados.
Tres estacións están en Outeiro do Corno, dúas máis no monte Angueira e outra no Cruceiro Vello de Mouromorto.
O punto de partida para facer o percorrido polos petróglifos pode ser Casa Carril, en Cornide. O mellor momento de observación é a noite, con luz artificial rasante.
Estas laxes forman parte do noso patrimonio, conservalas é a nosa obriga.
Estas laxes forman parte do noso patrimonio, conservalas é a nosa obriga.
E de paso, podemos ver os muíños do río Angueira, cunha flora na que destacan loureiros e fentos.
![Indicador petrógligo río Angueira 1](http://farm6.staticflickr.com/5328/10121146593_454d6304f3_n.jpg)
![Petróglifo Río Angueira](http://farm3.staticflickr.com/2846/10121155513_1616435745.jpg)
![Petróglifos de Outeiro do Corno](http://farm4.staticflickr.com/3703/10121100966_a33378d493.jpg)
![Muíño no río Angueira](http://farm8.staticflickr.com/7430/10120983164_859d19455b.jpg)
![Polipodium vulgare á beira do río Angueira](http://farm8.staticflickr.com/7349/10121093456_97b8560faa.jpg)
0 comentarios:
Publicar un comentario