Panorámica Laxe da Moa (cabeceira) Mirada / Gaze Mirada / Gaze Panorámica faro Collendo auga Retratos de Jorge Fuembuena (Plaza Matadero Madrid) Fervenza de Segade (Caldas de Reis) Aceite Arbequina. Aceites Abril Expo Camelia Fonseca Escaleira helicoidal de Bonaval (Domingo de Andrade) - 3 Greas da Groba 4 Catedral de Santiago. Nadal 2012. Posta de sol. Fervenza do Ézaro.

Cristina Lucas. É Capital

  • 23.11.14
  • Cristina Lucas (Jaén, 1973) analiza a excesiva predominancia do capital na nosa forma de entender o mundo, nas relacións sociais, na percepción estética e filosófica.
    O  seu traballo non está exento de ironía e dun sutil sentido do humor.

    En El superbién común, a artista emprega cinco fotografías montadas sobre caixas de luz, nas que mostra un dos principais paradoxos no sistema capitalista.
    Na primeira fotografía, cadeira Eames; na segunda, abrigo de pel de lince.

    Tamén retrata a Cámara do tesouro (terceira imaxe), dúas fotografías do ouro que hai almacenado no Banco de España.

    No Capitalismo filosófico, nove vídeos compostos por unha serie de entrevistas realizadas por Cristina Lucas aos portavoces de máis de sesenta empresas, que falan da morte, a beleza, a arte (cuarta imaxe, con Juana de Aizpuru), a verdade, a xustiza, o cidadán, o espazo, o tempo, o medo e a dor. Nun dos vídeos, José Carlos González Prieto (El Maestro Relojero) dinos que "na sociedade en que vivimos, perder tempo é perder vida". Ou Moisés Amselem manifesta que "a beleza é manter determinados patróns".

    A exposición pode verse no Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC), ata o 22 de febreiro de 2015.
    Fotografías realizadas nunha visita organizada polo CGAC, o Ateneo e a Universidade de Santiago. Primeira fotografía, cedida polo CGAC.

    Cristina Lucas no CGAC - É Capital Abrigo de lince - El superbién común Na cámara do tesouro Vídeo plusvalía
    Real Time Web Analytics