Panorámica Laxe da Moa (cabeceira) Mirada / Gaze Mirada / Gaze Panorámica faro Collendo auga Retratos de Jorge Fuembuena (Plaza Matadero Madrid) Fervenza de Segade (Caldas de Reis) Aceite Arbequina. Aceites Abril Expo Camelia Fonseca Escaleira helicoidal de Bonaval (Domingo de Andrade) - 3 Greas da Groba 4 Catedral de Santiago. Nadal 2012. Posta de sol. Fervenza do Ézaro.
Amosando publicacións coa etiqueta convocatorias. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta convocatorias. Amosar todas as publicacións

Cristina Lucas. É Capital

  • 23.11.14
  • Cristina Lucas (Jaén, 1973) analiza a excesiva predominancia do capital na nosa forma de entender o mundo, nas relacións sociais, na percepción estética e filosófica.
    O  seu traballo non está exento de ironía e dun sutil sentido do humor.

    En El superbién común, a artista emprega cinco fotografías montadas sobre caixas de luz, nas que mostra un dos principais paradoxos no sistema capitalista.
    Na primeira fotografía, cadeira Eames; na segunda, abrigo de pel de lince.

    Tamén retrata a Cámara do tesouro (terceira imaxe), dúas fotografías do ouro que hai almacenado no Banco de España.

    No Capitalismo filosófico, nove vídeos compostos por unha serie de entrevistas realizadas por Cristina Lucas aos portavoces de máis de sesenta empresas, que falan da morte, a beleza, a arte (cuarta imaxe, con Juana de Aizpuru), a verdade, a xustiza, o cidadán, o espazo, o tempo, o medo e a dor. Nun dos vídeos, José Carlos González Prieto (El Maestro Relojero) dinos que "na sociedade en que vivimos, perder tempo é perder vida". Ou Moisés Amselem manifesta que "a beleza é manter determinados patróns".

    A exposición pode verse no Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC), ata o 22 de febreiro de 2015.
    Fotografías realizadas nunha visita organizada polo CGAC, o Ateneo e a Universidade de Santiago. Primeira fotografía, cedida polo CGAC.

    Cristina Lucas no CGAC - É Capital Abrigo de lince - El superbién común Na cámara do tesouro Vídeo plusvalía

    O crochet saiu á rúa

  • 2.9.14
  • En Vila Nova de Cerveira (Norte de Portugal) o crochet saiu á rúa, neste verán de 2014.
    O Concello da 'Vila das Artes' desenvolveu un proxecto de ornamentación das rúas e espazos públicos, coa colaboración dos comerciantes e veciños.

    Aí vai unha pequena mostra fotográfica.

    VNC 1 VNC 2 VNC 4 VNC 3 VNC Magnolia VNC Parede

    Mar interior

  • 7.8.14
  • O Museo das Peregrinacións e de Santiago exhibe a primeira exposición antolóxica do debuxante galego Miguelanxo Prado, composta de 59 obras orixinais.
    Mostra promovida polo Consorcio de Santiago e "El Patito Editorial". O comisario da mesma é Fausto Isorna.
    Miguelanxo Prado (A Coruña, 1958) é un dos debuxantes europeos máis recoñecidos. Comezou a súa andaina nos anos oitenta nas revistas de cómic da época, entre elas Zona 84, Cairo, Cimoc, Comix Internacional, 1984 ou El Jueves, onde crea series como Enciclopedia Délfica, Stratos, Tangencias, Quotidiania Delirante. Trazo de Tiza é o seu libro máis traducido, un cómic de autor polo que foi galardoado no ámbito nacional e internacional.  
    O festival Viñetas desde o Atlántico, De Profundis, Ardalén, Men in Black e moitos outros traballos forman parte da súa obra.

    A exposición estará aberta ata o 31 de decembro, de martes a sábado, en horario de mañá e tarde. Os domingos, de 11 a 14 horas.
    Información anterior sobre Ardalén, obra coa que gañou o Premio Nacional de Cómic.
     
     Mar interior - Miguelanxo Prado Exposición Mar interior O espectador Cadros exposición Mar interior Publicacións de Miguelanxo Prado panorámica Mar interior Publicacións Miguelanxo Prado

    Exposición antolóxica de Antoni Arissa

  • 29.6.14
  • Unha das grandes exposicións de PHotoEspaña 2014 está adicada a Antoni Arissa.
    "A sombra e o fotógrafo" 1922-1936 está composta por máis de 160 obras das coleccións de negativos gardados pola Fundación Telefónica e o Institut de Estudis Fotogràfics de Catalunya. 
    Antoni Arissa iniciouse na fotografía na década de 1920 e compaxinouna co seu labor técnico na imprenta familiar.
    Na súa etapa máis madura, Arissa aproximouse á fotografía centroeuropea, caracterizada pola composición, a forma, a liña, o punto de vista e unha iluminación que acentúa a intención dos obxectos fotográficos.

    Na Fundación Telefónica, ata o 14 de setembro.
    Fotografías cedidas por PHotoEspaña (1ª e 4ª) e de realización propia, na exposición.

    El beso. 1930-1936 Archivo Arissa. Fundación Telefónica Archivo Antoni Arissa. Fundación Telefónica Archivo Antoni Arissa. Fundación Telefónica El perseguido, 1930-1936.Archivo Antoni Arissa. Fundación Telefónica Archivo Antoni Arissa. Fundación Telefónica Archivo Antoni Arissa. Fundación Telefónica

    Os instrumentos do Pórtico da Gloria

  • 1.5.14
  • Onte inaugurouse no Museo das Peregrinacións de Santiago unha exposición sobre os instrumentos do Pórtico da Gloria, realizada polo Consorcio de Santiago coa colaboración da Fundación Barrié.

    "Hai no Pórtico 24 anciáns e 21 instrumentos. Os anciáns non están tocando os seus instrumentos, non interpretan unha melodía, senón que os están afinando, pois algúns manipulan as cavillas, e tamén se pode ver a chave de afinar que utiliza un dos tanxedores do salterio. Dan a impresión de estar sentados por parellas, mirándose, falando ou dándose notas de referencia para a afinación".
    Son as palabras de Francisco Luengo na publicación El Pórtico de la Gloria, música, arte y pensamiento, editado pola Universidade de Santiago coa colaboración do Consorcio. Un proxecto editorial dirixido por Carlos Villanueva, no que participaron Serafín Moralejo, José López-Calo, Eugenio Romero Pose e Sverre Jensen.
    Francisco Luengo fai unha descrición completa dos instrumentos e da estrutura do grupo:
    - No centro, o organistrum, o de tesitura máis grave.
    - Aos dous lados, unha serie de instrumentos tanxidos, de tesitura media-grave (arpas, salterios e cítaras) e aguda (laúdes), flanqueados por outros de tesitura aguda (fídulas).

    A realización dos instrumentos foi financiada pola Fundación Barrié.
    Información sobre as visitas ao Pórtico da Gloria: web Catedral de Santiago. 
    Exposición: Museo das Peregrinacións. De martes a sábado, de 10 a 14 horas e de 16 a 20 horas. Domingos, de 11 a 14 horas.

    Imaxes:
    1 - Organistrum
    2 - Arpa-salterio
    3 - Arpas
    4, 5, 6 - Vistas exposición

    Organistrum. Instrumentos do Pórtico da Gloria (Consorcio de Santiago - Fundación Barrié) Harpa-salterio. Instrumentos do Pórtico da Gloria (Consorcio de Santiago - Fundación Barrié) Harpas. Instrumentos do Pórtico da Gloria (Consorcio de Santiago - Fundación Barrié) Exposición. Instrumentos do Pórtico da Gloria (Consorcio de Santiago - Fundación Barrié). F2 Exposición. Instrumentos do Pórtico da Gloria (Consorcio de Santiago - Fundación Barrié). F3 Exposición. Instrumentos do Pórtico da Gloria (Consorcio de Santiago - Fundación Barrié). F5

    Fórum Gastronómico Coruña 2014

  • 19.2.14
  • O Fórum Gastronómico é o primeiro congreso de gastronomía que se celebra cada ano entre Galicia e Cataluña. 
    A edición galega deste ano terá lugar na Coruña, os días 23, 24 e 25 de febreiro. A cidade reunirá cociñeiros de prestixio e grandes profesionais. Os talentos gastronómicos amosarán en ExpoCoruña as súas creacións e ofrecerán demostracións de cociña en directo.

    Toda a información na web oficial: forumcoruna.com

    Imaxes das edicións anteriores, celebradas en Santiago de Compostela:
    En primeiro lugar, Miguel Vila pendente das palabras de Araceli Filgueira.
    A continuación, Berta Castro entrevista a Palmira Acuña.
    En terceiro lugar, Soledad Felloza presenta o taller de respostería monacal coas Irmás Elisabeth e Encarnación, do mosteiro de Ferreira de Pantón.
    E finalmente, Pablo Valledor e Cristina Alcalá na sesión sobre o porco landrán.

    logo forum 2014 Fórum gastronómico 2012. Miguel Vila, pendente das palabras de Araceli Filgueira Fórum gastronómico 2012. Palmira Acuña, gañadora do concurso de pulpeiras, entrevistada por Berta Castro (Radio Galega, programa "Come e Fala") Elaboración dos coquiños Pablo Valledor

    Investigarte

  • 16.2.14
  • Concurso artístico de fotografía científica.
    O prazo da segunda edición remata o 3 de marzo de 2014. Participa!
    O certame está organizado por un colectivo de científicos e investigadores universitarios, apoiados por educaBarrié da Fundación Barrié, Campus Vida da Universidade de Santiago e o Instituto de Investigacións Sanitarias de Santiago. 

    Toda a información na web oficial: investigarte.es 

    Imaxes destacadas da primeira edición: 
    - En primeiro lugar, Rodaballo X, na categoría Investigadores, Macrociencia. O autor é Jorge Hernández Uceda, do departamento de Ecoloxía e Diversidade Mariña, do Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo. Radiografía dun rodaballo de 11 meses de idade.
    - A continuación, Retina on fire, na categoría Investigadores, Microciencia. Autor: Xesús M. Abalo Piñeiro, de Uppsala University, Suecia. A fotografía representa unha sección radial dunha retina dun peixe cebra adulto. A liña de investigación trata de usar o peixe como modelo para a determinación de mecanismos moleculares causantes de certo tipo de deficiencias visuais.
    - Finalmente, Punto de apoio, imaxe premiada na categoría Centros Educativos, Ilustración. Autora: Clara Martín Jiménez, de 4º ESO, do I.E.S. As Lagoas, de Ourense.
    O esqueleto é o sostén do noso corpo. Os ósos dos pés soportan todo o peso e poden sufrir lesións.

     la foto 3 la foto 2 la foto 1

    Auroras boreais

  • 24.11.12
  • FOCO Gallery organizou unha viaxe fotográfica a Tromsø (Noruega) coa idea de retratar as auroras boreais.
    Participaron nesta expedición varios fotógrafos que colaboran coa galería, Alicia Rius, Carlos Balsalobre, Carlos Serrano, Laura Medrano, Manuel Vilches, Pedro J. Alcázar e Roderic Pla.
    O resultado deste traballo plásmase na exposición "Tromsø, 72 horas para vivir o soño ártico", que podes contemplar ata o 22 de decembro no edificio Quercus IP do parque empresarial Costa Vella, de Santiago de Compostela. 
    O horario será de 9 a 14,30 horas e de 16 a 19 horas, de luns a venres.

    A continuación, unhas fotografías recollidas na presentación das xornadas. Na primeira delas, de esquerda a dereita, Blanca Fernández, directora de Quercus IP, Carlos Balsalobre, que explicou a expedición e falou das viaxes fotográficas, e Carlos García Fraile, director de FOCO Gallery. Na última das imaxes, mapa de Google Earth coa ubicación de Tromsø.

    Presentación Viaxes fotográficas. FOCO Gallery. Exposición en Quercus IP Auroras boreais ( Exposición Quercus IP - FOCO Gallery) Exposición Quercus IP - FOCO Gallery Exposición Quercus IP - FOCO Gallery. Fotos de Carlos Balsalobre Ubicación Tromso (Google Earth)

    PHOTOESPAÑA 2012

  • 3.6.12
  • Nova edición de PHotoEspaña en Madrid, do 6 de xuño ao 22 de xullo.
    Máis de 70 exposicións, con obras de 315 autores.
    Na Sección Oficial "Dende aquí. Contexto e internacionalización".

    Imaxes:
    1.- Eric Mazzakampa na festa de Rapha Bouzeki, 2008. Michael Hoppen Contemporary, London. Copyright Daniel Tamagni.
    2.- Vietnam, Cat Ba, 1998. Zic Zep Gallery, Rotterdam. Copyright Wout Berger.
    3.- Viaxe debaixo do sol de medianoite, 2008. Gallery Suchi, Tokyo. Copyright Kohei Koyama.
    4.- Paraisópolis, 2009. Copyright Tuca Vieira.

    Eric Mazzakampa, na festa de Rapha Bouzeki, 2008. Michael hoppen Contemporary, Londres - Cpoyright Daniele Tamagni


    Vietnam, Cat Ba, 1998. Zic Zep Galley, Rotterdam. Copyright Wout Berger

    Viaxe debaixo do sol de medianote, 2008. Gallery Suchi, Tokyo. Copyright Kohei Koyama

    Paraisópolis, 2009. Copyright Tuca Vieira

    Outono Fotográfico 2011

  • 27.11.11
  • Esta é unha pequena homenaxe a Benito Losada, impulsor e catalizador do Outono Fotográfico e doutras actividades culturais durante moitos anos.

    O certame de 2011 ten un programa de exposicións moi completo que remata en decembro.
    Para máis información, consulta a web oficial do Outono Fotográfico.

    Imaxes de Xosé Lois Vázquez e Pedro Armestre.

    Incorporo tamén "Clikmanía e Fotografía", de Xosé Lois Vázquez.


    Benito Losada

    Xosé Lois Vázquez- Outono Fotográfico 2011

    AFP PHOTO / Pedro Armestre (Outono Fotográfico)

    Premios 2011 Fundación Biodiversidad

  • 5.6.11
  • O ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño acaba de entregar os premios da Fundación Biodiversidad correspondentes ao ano 2011.
    No apartado de fotografía, resultou gañadora Lola Guerrera, coa obra "Delicias no meu xardín". Forma parte dunha serie de imaxes realizada pola artista con figuras de origami.
    O segundo premio correspondeu a Francisco Llop coa obra "Pantano de Boadella". O autor quere reflectir a soidade e o inmobilismo do ser humano diante das diversas sitaucións medioambientais.

    Fundación Biodiversidad 2011

    Fundación Biodiversidad 2011
    Real Time Web Analytics