A peneira ou orella de mar é un verdadeiro tesouro gastronómico, especialmente para os asiáticos.
Shinya Fukumoto estivo no Fórum Gastronómico da Coruña aportando a súa experiencia na preparación das orellas de mar.
Shinya forma parte da cociña xaponesa máis innovadora, co seu restaurante Cá Sento (*** Michelín), de Kobe.
A empresa galega Galician Marine Aquaculture é pioneira na produción de orella de mar, no mercado europeo. Na súa web podes encontrar máis detalles sobre este singular molusco.
Máis información no número 5 da revista BenBo, dirixida por Miguel Vila, con fotografías de Soledad Felloza.
Para degustar algúns pratos en Galicia: Eirado da Leña (Pontevedra), de Iñaki Bretal.




















































