Panorámica Laxe da Moa (cabeceira) Mirada / Gaze Mirada / Gaze Panorámica faro Collendo auga Retratos de Jorge Fuembuena (Plaza Matadero Madrid) Fervenza de Segade (Caldas de Reis) Aceite Arbequina. Aceites Abril Expo Camelia Fonseca Escaleira helicoidal de Bonaval (Domingo de Andrade) - 3 Greas da Groba 4 Catedral de Santiago. Nadal 2012. Posta de sol. Fervenza do Ézaro.
Amosando publicacións coa etiqueta Santiago de Compostela. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Santiago de Compostela. Amosar todas as publicacións

Soledad Felloza, ao pé do lar

  • 14.2.10
  • Soledad Felloza é unha artista polifacética, actriz, contacontos, pero tamén fotógrafa.

    Aquí están tres das súas múltiples imaxes da exposición "Ao pé do lar", que se pode ver no Museo do Pobo Galego, de Santiago de Compostela.
    Na primeira delas, a casa Méndez (San Fiz de Asma, Chantada, Lugo), con Germán e a súa dona. Para Soledad, o máis difícil desta fotografía foi o enfoque en medio do fume. É unha imaxe sen flash, coa maxia que provén do lume.
    A continuación, o pazo de Amarante (Antas de Ulla, Lugo), no que aparecen Fina e o seu can Pastor. Arriba, os xamóns, lacóns,... e dentro da lareira, os chourizos sedentos de fume. Esta fotografía fíxose sen trípode, cun gran angular e unha ISO 2000. O soporte foi unha artesa.
    En terceiro lugar, a casa de Emérita e Juan, na aldea de Meixide, A Veiga (Ourense). Tía e sobriño asan castañas e falan de contos, anécdotas e recordos.

    Imaxes copyright Soledad Felloza, exposición "Ao pé do lar". Máis información en Capítulo 0, de Manuel Gago, director e comisario da exposición e na web da mostra, que forma parte das actividades paralelas do Fórum gastronómico de Santiago de Compostela 2010.

    Casa_mendez-recorte

    Pazo-Amarante

    Casa-Emerita-Juan-recorte

    Camelias na Rocha Vella

  • 7.2.10
  • A asociación cultural Rocha Vella -Santiago de Compostela- organizou este sábado, 6 de febreiro, a exposición "Camelia, flor do camiño portugués", coa colaboración da Asociación Española da Camelia e o Concello de Santiago.
    Alí estaban as flores de Leonor Magariños, Pepe Arán, Nucha Nartallo ou Ana Isabel Calo, entre outras moitas persoas que participaron na mostra. Parabéns aos organizadores.

    Reportaxe fotográfica: Noemí Iglesias, job.

    Rocha Vella 6

    Rocha Vella 4

    Rocha Vella 3

    Rocha Vella 7

    Rocha Vella 2

    Fórum gastronómico Santiago de Compostela 2010

  • 24.1.10
  • Cando foi a última vez que sentiches bolboretas no estómago?
    En Santiago de Compostela, do 20 ao 24 de febreiro, tes unha magnífica oportunidade para emocionarte... congreso, feira e actividades paralelas, coa mostra "Ao pé do lar, memorias da cociña", organizada por Manuel Gago (Capítulo 0), no Museo do Pobo Galego.

    Toda a información na web oficial do Fórum gastronómico de Santiago 2010. Composición de imaxes e fotografías da edición de 2008.


    Cartel Fórum Gastronómico Santiago de Compostela 2010

    Bolboreta fórum gastronómico Santiago de Compostela 2010

    Pía presentando as súas fabas

    Sesión das Pulpeiras

    Coas mans na masa

    Santiago de Compostela, 1987

  • 6.12.09
  • Agora que estamos a punto de estrear o Xacobeo 2010, quero agasallarvos con estas fotos históricas de 1987. A nevada máis copiosa dos últimos 25 anos.
    Dúas postais da catedral e do campus universitario de Santiago de Compostela, realizadas en diapositiva con cámara analóxica, agora dixitalizadas.
    Bo camiño!

    Catedral de Santiago de Compostela

    Campus universitario de Santiago de Compostela

    xacobeo-2010
    Real Time Web Analytics