Panorámica Laxe da Moa (cabeceira) Mirada / Gaze Mirada / Gaze Panorámica faro Collendo auga Retratos de Jorge Fuembuena (Plaza Matadero Madrid) Fervenza de Segade (Caldas de Reis) Aceite Arbequina. Aceites Abril Expo Camelia Fonseca Escaleira helicoidal de Bonaval (Domingo de Andrade) - 3 Greas da Groba 4 Catedral de Santiago. Nadal 2012. Posta de sol. Fervenza do Ézaro.
Amosando publicacións coa etiqueta galería. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta galería. Amosar todas as publicacións

O crochet saiu á rúa

  • 2.9.14
  • En Vila Nova de Cerveira (Norte de Portugal) o crochet saiu á rúa, neste verán de 2014.
    O Concello da 'Vila das Artes' desenvolveu un proxecto de ornamentación das rúas e espazos públicos, coa colaboración dos comerciantes e veciños.

    Aí vai unha pequena mostra fotográfica.

    VNC 1 VNC 2 VNC 4 VNC 3 VNC Magnolia VNC Parede

    Mar interior

  • 7.8.14
  • O Museo das Peregrinacións e de Santiago exhibe a primeira exposición antolóxica do debuxante galego Miguelanxo Prado, composta de 59 obras orixinais.
    Mostra promovida polo Consorcio de Santiago e "El Patito Editorial". O comisario da mesma é Fausto Isorna.
    Miguelanxo Prado (A Coruña, 1958) é un dos debuxantes europeos máis recoñecidos. Comezou a súa andaina nos anos oitenta nas revistas de cómic da época, entre elas Zona 84, Cairo, Cimoc, Comix Internacional, 1984 ou El Jueves, onde crea series como Enciclopedia Délfica, Stratos, Tangencias, Quotidiania Delirante. Trazo de Tiza é o seu libro máis traducido, un cómic de autor polo que foi galardoado no ámbito nacional e internacional.  
    O festival Viñetas desde o Atlántico, De Profundis, Ardalén, Men in Black e moitos outros traballos forman parte da súa obra.

    A exposición estará aberta ata o 31 de decembro, de martes a sábado, en horario de mañá e tarde. Os domingos, de 11 a 14 horas.
    Información anterior sobre Ardalén, obra coa que gañou o Premio Nacional de Cómic.
     
     Mar interior - Miguelanxo Prado Exposición Mar interior O espectador Cadros exposición Mar interior Publicacións de Miguelanxo Prado panorámica Mar interior Publicacións Miguelanxo Prado

    Debuxos de Pablo Tomé

  • 16.3.14
  • Os debuxos de Pablo Tomé, realizados un día a unha hora determinada, atrapan o momento como caixas de tempo. 
    Unha verdadeira mirada personal e íntima, na que se sitúa o artista e pretende que nos poñamos cada un de nós ao contemplar a súa obra.
    A galería Espazo en Branco presentou hai dous meses a súa última colección de Debuxos.
    Compartir con Pablo o seu caderno e poder interpretar con el a vida cotiá é un auténtico desafío.

    Pablo Tomé é arquitecto, desde 1996 traballa no Consorcio de Santiago.
    Nas imaxes, unha vista de Santiago de Compostela desde A Alameda; Porta de Mazarelos; Rúa Nova nos días de Cineuropa; Mosteiro de Belvís. 

    Pablo Tomé. Arquitecto e debuxante. Santiago de Compostela. Debuxo de Pablo Tomé Porta de Mazarelos. Debuxo de Pablo Tomé Rúa Nova - Cineuropa - Debuxo de Pablo Tomé Belvís (Santiago) - Debuxo de Pablo Tomé

    Impresionistas

  • 17.2.13
  • A Fundación Mapfre acolle en Madrid, ata o 5 de maio, unha das exposicións do ano: "Impresionistas e postimpresionistas. O nacemento da arte moderna". 
    78 grandes obras do Musée d' Orsay. Unha colección fóra de serie.
    Aí vai un pequeno agasallo, unha selección facilitada pola organización:

    1.- Por orde cronolóxica, en primeiro lugar, Retrato de Eugène Boch, de Vincent van Gogh, realizado en 1888. 
    2.- A continuación, Campesiñas bretonas, de Paul Gauguin, 1894.
    3.- En terceiro lugar, A pallasa Cha-U-Kao de Henri de Toulouse Lautrec, 1895. 
    4.- En cuarto lugar, Parlamento de Londres, de Claude Monet, 1904.
    5.- Finalmente, As bañistas de Auguste Renoir, 1918-1919.

    Copyright de todas as obras: © RMN-Grand Palais (musée d'Orsay) / Hervé Lewandowski.
    Máis información na web oficial da Fundación Mapfre.
    Crónica e comentarios en hoyesarte.com 

      12 13 9 rec 1 3

    Pensadores de Kenjio

  • 16.9.12
  • Daniel Lai ("Kenjio") fai estas singulares esculturas.
    Este artista naceu en Kuala Lumpur e reside agora nos Estados Unidos.
    Se queres coñecer máis sobre a súa obra, podes ver a web etsy.com

    Kenjio 2

    Kenjio 3

    Kenjio 5

    Kenjio 6

    Pinturas de Ángeles Blanco

  • 10.6.12
  • Exposición de óleos de Ángeles Blanco no Casino de Santiago de Compostela.
    Pasou por distintas técnicas, acrílico, acuarela, material de reciclaxe e agora óleo, no que está atopando unha liña propia, de series temáticas, texturas e cores.
    Ángeles empeza agora un camiño, necesario para proxectar a súa obra. Moita sorte!
    Máis referencias na web artistasdelatierra.com
    Cadros: Menina valada, Leiteira, Cabezudo.

    Menina valada (Ángeles Blanco)

    Leiteira (Ángeles Blanco)

    Cabezudo antigo (Ángeles Blanco)

    Muíño da Cereixeira

  • 15.4.12
  • Interior dun muíño do Folón (O Rosal).

    Fotografía realizada con luz natural, sen flash. Os detalles das pedras poden cambiar en función das características da túa pantalla, especialmente o brillo.


    Interior muíño

    Ars Combinatoria

  • 8.4.12
  • Unha mostra en 70 imaxes que repasa a obra de Chema Madoz (Madrid 1958).
    Este interesante creador contemporáneo busca novos significados nos obxectos, asociacións, metamorfoses, sempre cunha visión irónica da realidade.
    A exposición está no Auditorio de Galicia, de Santiago de Compostela, ata o 24 de xuño de 2012.

    Imaxes copyright Chema Madoz.

    Chema Madoz

    Chema Madoz

    Chema Madoz

    Chema Madoz

    Chema Madoz

    Chema Madoz

    Lutherapia

  • 18.3.12
  • Esta é unha pequena homenaxe a Les Luthiers, con motivo do seu novo paso por Galicia, coa súa Lutherapia. Hoxe rematan na Coruña e dende o día 20 están en Vigo.
    Únicos, fóra de serie, habería que clonalos para sempre.

    Imaxes: na primeira, os cinco compoñentes actuais do grupo, Carlos Núñez Cortés, Jorge Maronna, Carlos López Puccio, Daniel Rabinovich e Marcos Mundstock. Na segunda e terceira, dous dos instrumentos de construción recente, o Bolarmonio e a Exorcítara. Na cuarta imaxe, un momento de Lutherapia (Daniel Rabinovich e Marcos Mundstock). E na última, un clásico, o Bass-pipe a vara, un dos primeiros instrumentos de Les Luthiers.

    Toda a información na páxina oficial, lesluthiers.com

    Les Luthiers (Lutherapia)

    Bolarmonio ( de Les Luthiers)

    Exorcítara (de Les Luthiers)

    Lutherapia (Daniel Rabinovich, Marcos Mundstock)

    Bass-pipe a vara (de Les Luthiers)

    Arte no Parlamento de Galicia

  • 19.2.12
  • Nunha visita do Ateneo de Santiago ao Parlamento de Galicia recollín algunhas imaxes das obras de Díaz Pardo, Siro López (Vicente Risco), J.M. Barreiro (Santiago 2000, Capital Cultural), a escultura "Sara" de Francisco Leiro e un cadro de Alfonso Sucasas.
    Por certo, o Parlamento de Galicia celebra os seus 30 anos, cunha exposición moi interesante. O Parlamento é a túa casa e o lugar onde traballan os representantes do pobo galego, pero tamén é unha magnífica galería, chea de obras únicas.

    Gallaecia. Isaac Díaz Pardo. Parlamento de Galicia

    Vicente Risco (autor: Siro López). Parlamento de Galicia

    Santiago 2000. Capital cultual. J.M. Barreiro


    Sara (Francisco Leiro)

    Cadro de Alfonso Sucasas. Parlamento de Galicia

    Jeff Wall, o sendeiro sinuoso

  • 12.2.12
  • Dúas últimas semanas da exposición de Jeff Wall, no Centro Galego de Arte Contemporánea, de Santiago de Compostela.
    O sendeiro sinuoso examina o contexto que propiciou o desenvolvemento do artista, a través dunha ampla escolma das súas obras. O proxecto explora as íntimas interconexións entre o proceso creativo e as influencias e indagacións que marcaron este proceso.
    Na exposición abórdase unha gran diversidade de temas que resultan esenciais na obra de Wall: o minimalismo e a relación coa escala, a fotografía histórica, a fotografía conceptual e posconceptual, a literatura, a fotografía documental.

    Imaxes da web do CGAC e de realización propia nunha visita do Ateneo de Santiago.

    la foto.JPG

    O home invisible. Jeff Wall. CGAC

    Composición propia de dúas imaxes de Jeff Wall. CGAC.

    Ateneístas de Santiago. Exposición de Jeff Wall. CGAC. Santiago de Compostela.

    Exposición de Jeff Wall. CGAC. Santiago de Compostela

    la foto.JPG
    Real Time Web Analytics