Panorámica Laxe da Moa (cabeceira) Mirada / Gaze Mirada / Gaze Panorámica faro Collendo auga Retratos de Jorge Fuembuena (Plaza Matadero Madrid) Fervenza de Segade (Caldas de Reis) Aceite Arbequina. Aceites Abril Expo Camelia Fonseca Escaleira helicoidal de Bonaval (Domingo de Andrade) - 3 Greas da Groba 4 Catedral de Santiago. Nadal 2012. Posta de sol. Fervenza do Ézaro.
Amosando publicacións coa etiqueta música. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta música. Amosar todas as publicacións

Os instrumentos do Pórtico da Gloria

  • 1.5.14
  • Onte inaugurouse no Museo das Peregrinacións de Santiago unha exposición sobre os instrumentos do Pórtico da Gloria, realizada polo Consorcio de Santiago coa colaboración da Fundación Barrié.

    "Hai no Pórtico 24 anciáns e 21 instrumentos. Os anciáns non están tocando os seus instrumentos, non interpretan unha melodía, senón que os están afinando, pois algúns manipulan as cavillas, e tamén se pode ver a chave de afinar que utiliza un dos tanxedores do salterio. Dan a impresión de estar sentados por parellas, mirándose, falando ou dándose notas de referencia para a afinación".
    Son as palabras de Francisco Luengo na publicación El Pórtico de la Gloria, música, arte y pensamiento, editado pola Universidade de Santiago coa colaboración do Consorcio. Un proxecto editorial dirixido por Carlos Villanueva, no que participaron Serafín Moralejo, José López-Calo, Eugenio Romero Pose e Sverre Jensen.
    Francisco Luengo fai unha descrición completa dos instrumentos e da estrutura do grupo:
    - No centro, o organistrum, o de tesitura máis grave.
    - Aos dous lados, unha serie de instrumentos tanxidos, de tesitura media-grave (arpas, salterios e cítaras) e aguda (laúdes), flanqueados por outros de tesitura aguda (fídulas).

    A realización dos instrumentos foi financiada pola Fundación Barrié.
    Información sobre as visitas ao Pórtico da Gloria: web Catedral de Santiago
    Exposición: Museo das Peregrinacións. De martes a sábado, de 10 a 14 horas e de 16 a 20 horas. Domingos, de 11 a 14 horas.

    Imaxes:
    1 - Organistrum
    2 - Arpa-salterio
    3 - Arpas
    4, 5, 6 - Vistas exposición

    Organistrum. Instrumentos do Pórtico da Gloria (Consorcio de Santiago - Fundación Barrié) Harpa-salterio. Instrumentos do Pórtico da Gloria (Consorcio de Santiago - Fundación Barrié) Harpas. Instrumentos do Pórtico da Gloria (Consorcio de Santiago - Fundación Barrié) Exposición. Instrumentos do Pórtico da Gloria (Consorcio de Santiago - Fundación Barrié). F2 Exposición. Instrumentos do Pórtico da Gloria (Consorcio de Santiago - Fundación Barrié). F3 Exposición. Instrumentos do Pórtico da Gloria (Consorcio de Santiago - Fundación Barrié). F5

    Concerto de Inma Shara en Mondariz Balneario

  • 6.1.10
  • Primeiro concerto do Xacobeo 2010, organizado pola Fundación Mondariz Balneario, coa colaboración da Xunta de Galicia.
    A Sinfónica Checa, dirixida por Inma Shara, interpretou obras de Grieg, Puccini, Barber e Tchaikovsky. Unha evocación musical sobre a historia de Mondariz Balneario.

    Composición realizada con fotogramas da Televisión de Galicia e fotografías do autor (Edificio Palacios e Fonte de Gándara).

    Inma Shara e a Sinfónica Checa en Mondariz Balneario (fotogramas Televisión de Galicia)

    Inma2

    Inma con Sinfónica

    EDIFICIO PALACIOS

    FUENTE DE GÁNDARA

    jazz, Isabel González

  • 13.2.07





















  • Masa Kamaguchi


    John Ogallagher























    Pimentel y Carballo

    "Siempre he sido aficionada, pero realmente la fotografía nació para mí cuando me di cuenta de que a través de ella podía reflejar lo que sentía más que lo que veía. Es un placer inmenso poder captar esos detalles que en un instante desaparecerán, verme atrapada por otros seres, otras vidas que, sin querer y sin siquiera llegar a percibirlo, me han cautivado sin remedio o poder congelar las notas que se escapan de un contrabajo, o la mirada cómplice entre dos músicos".
    Isabel González
    Real Time Web Analytics