Panorámica Laxe da Moa (cabeceira) Mirada / Gaze Mirada / Gaze Panorámica faro Collendo auga Retratos de Jorge Fuembuena (Plaza Matadero Madrid) Fervenza de Segade (Caldas de Reis) Aceite Arbequina. Aceites Abril Expo Camelia Fonseca Escaleira helicoidal de Bonaval (Domingo de Andrade) - 3 Greas da Groba 4 Catedral de Santiago. Nadal 2012. Posta de sol. Fervenza do Ézaro.

A curuxa, raíña da noite

  • 14.1.18
  • Esta é unha pequena homenaxe a Mario Cea Sánchez, fotógrafo da natureza. 

    SEO BirdLife convocou o certame fotográfico "Fotoaves 2017", do que resultou gañador Mario Cea, coa súa obra "Reina de la noche". Participaron 510 fotógrafos, de 16 nacionalidades, cun total de 1.500 imaxes.

    En palabras de Mario, " O mais apaixonante sen dúbida foron cada unha das sesións que puiden facer a esta curuxa, dun xeito presencial, oculto durante moitas horas, para poder observala e coñecer o seu comportamento e hábitos. Unha parella tomou posesión do territorio, e foi capaz de sacar adiante a sete poliños; cada noite alimentábaos con infinidade de roedores ata que todos voaron do niño situado nunha vella aciñeira seca".

    SEO BirdLife designou á curuxa común, ave do ano 2018.

    Imaxe "Reina de la noche". Copyright Mario Cea . Páxina web: mariocea.net
    Facebook e Instagram do autor. 
    Para saber máis sobre a curuxa, consulta GCiencia, o portal da ciencia galega. 

    Reina de la noche - Copyright Mario Cea

    0 comentarios:

    Real Time Web Analytics