O río Vesacarballa, que entrega as súa augas ao Umia, é nestes días unha sinfonía que anticipa a primavera.
Aí podes atopar un conxunto etnográfico de 5 muíños que explican unha parte da historia recente de Sabucedo (A Estrada, Pontevedra).
O primeiro deles é o Serradoiro do Mestre, promovido por Francisco Regueiro Moreira, destacado mestre de Sabucedo no século pasado. A partir de 1913 foi muíño de maquía e despois serradoiro e forno de pan.
A continuación o muíño de Pura, ou da Casa do Comercio, pertencía a unha familia que tiña comercio na parroquia.
En terceiro lugar, o muíño das Paradas, un dos máis antigos, construído a principios do século XIX.
Máis abaixo o muíño do Medio e finalmente o da familia dos Obelleiros.
Este percorrido forma parte da ruta de Sabucedo e do sendeiro Codeseda - Sabucedo (PR-G 197), homologado pola Federación Galega de Montañismo.
Imaxes
1.- Panel da Ruta de Sabucedo.
2.- Ponte medieval de Saramagoso (obsérvanse as canles de entrada aos muíños).
3.- Serradoiro do Mestre (máis información na galería de Flickr).
4.- Panel homenaxe a Francisco Regueiro.
5.- Muíño das Paradas.
![Panel da Ruta de Sabucedo](https://farm1.staticflickr.com/811/40168463844_c7c9db0fe0.jpg)
![Ponte medieval de Saramagoso _ Vesacarballa](https://farm5.staticflickr.com/4772/40837033272_a35b25b88e.jpg)
![Serradoiro do Mestre](https://farm1.staticflickr.com/787/26004477837_e9000a13fb.jpg)
![Panel de Francisco Regueiro Moreira, mestre de Sabucedo](https://farm5.staticflickr.com/4786/26004483747_8bc01ebc09.jpg)
![Muíño das Paradas (Vesacarballa - Sabucedo)](https://farm5.staticflickr.com/4788/40168465374_74ab07f2d9.jpg)
2 comentarios:
oakley
kobe 11
new england patriots jersey
nike huarache
adidas pure boost
damian lillard shoes
kobe basketball shoes
kyrie irving shoes
adidas tubular
100% real jordans for cheap
adidas store
lebron soldier 10
nba jerseys
moncler jackets
yeezy boost
yeezys
hogan outlet
adidas nmd
adidas crazy explosive
longchamp handbags
Publicar un comentario