Panorámica Laxe da Moa (cabeceira) Mirada / Gaze Mirada / Gaze Panorámica faro Collendo auga Retratos de Jorge Fuembuena (Plaza Matadero Madrid) Fervenza de Segade (Caldas de Reis) Aceite Arbequina. Aceites Abril Expo Camelia Fonseca Escaleira helicoidal de Bonaval (Domingo de Andrade) - 3 Greas da Groba 4 Catedral de Santiago. Nadal 2012. Posta de sol. Fervenza do Ézaro.

Tesouros de Pontedeume

  • 14.5.18
  • O Concello de Pontedeume organizou a I Andaina histórico-cultural, da que destacamos tres tesouros singulares.

    En primeiro lugar, a igrexa de San Miguel de Breamo, expoñente do románico galego. A súa  construción iniciouse en 1187. Foi cabeceira dun mosteiro de cóengos agostiños. Planta de cruz latina, rematada por tres ábsidas semicirculares.
    É un lugar máxico, cheo de lendas. Na saída polo oeste, pode verse a Torre de Hércules, a menos de dez millas de distancia. 

    Unha das árbores monumentais e senlleiras de Pontedeume é o teixo da casa dos Tenreiro. Cos seus 300 anos, está revivindo pola parte leste. Precisa protección e moitos coidados. O seu uso como miradoiro e merendeiro non foi o máis axeitado.
    A outra árbore eumesa senlleira, o metrosidero, goza de boa saúde. Pode contemplarse nos xardíns de Lombardero que están á beira do Torreón dos Andrade. 

    E finalmente, non deixes de visitar o Castelo dos Andrade, do século XIV, un auténtico miradoiro. A parte mellor conservada é a torre da homenaxe, con 20 metros de altura.

    Para rematar a festa, Cantina Río Covés, onde se pode degustar a costrada, un dos pratos máis representativos de Pontedeume.
    Que cante o merlo.

    Imaxes:
    1.- Torreón dos Andrade. Saída da Andaina.
    2/3.- San Miguel de Breamo.
    4/5.- Teixo da casa dos Tenreiro.
    6.- Castelo dos Andrade.

    Torreón dos Andrade - Saída da Andaina histórico-cultural de Pontedeume San Miguel de Breamo - desde o oeste San Miguel de Breamo - fachada sur + ábsidas leste Teixo dos Tenreiro - vista xeral Teixo dos Tenreiro - detalle Castelo dos Andrade

    2 comentarios:

    robin dijo...

    CCTV Camera
    CP Plus
    Pest control services
    Termite control services
    PC Optimization
    Windows installation
    Data recovery

    Michael Jones dijo...

    Assignment Help online

    Java Assignment help

    If you follow the above hacks provided by the experts, you will surely be able to complete your assignment. Also, you will excel in your academics and get recognized by your professors in college. Writing your assignment by your own will make you strong in the subject and help you keep ahead of the competitions

    Real Time Web Analytics