Panorámica Laxe da Moa (cabeceira) Mirada / Gaze Mirada / Gaze Panorámica faro Collendo auga Retratos de Jorge Fuembuena (Plaza Matadero Madrid) Fervenza de Segade (Caldas de Reis) Aceite Arbequina. Aceites Abril Expo Camelia Fonseca Escaleira helicoidal de Bonaval (Domingo de Andrade) - 3 Greas da Groba 4 Catedral de Santiago. Nadal 2012. Posta de sol. Fervenza do Ézaro.

De Cambados a Santiago, polo camiño de Martín Sarmiento

  • 3.3.19
  • A Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da Universidade de Santiago de Compostela rematou o camiño Martín Sarmiento.
    Entre Cambados e Santiago hai tres casas singulares, de ilustres escritores, Valle-Inclán, Rosalía de Castro e Camilo José Cela. Non deixes de visitalas, as tres son moi interesantes.
    En Catoira destaca o seu paseo fluvial, que precisa de mellores conexións.
    En Carril, non te esquezas de ir a Cortegada e contemplar as Malveiras.
    De Padrón a Santiago, o sendeiro coincide co camiño portugués, pasa por Iria Flavia, a Escravitude e o Pazo do Faramello.

    Máis información na web da Mancomunidade do Salnés

    Imaxes:
    1.- Con dos Tres Pés, Illa de Arousa.
    2.- Praia Pasaxe - Terrón, coa ponte da Illa de Arousa.
    3.- Casa de Valle-Inclán.
    4.- Cortegada e as Malveiras.
    5.- Paseo fluvial de Catoira e camiño de ferro.
    6.- Torres do Oeste, de Catoira.
    O con de tres pés Praia do Terrón Casa - museo Valle-Inclán Illas Cortegada e Malveiras Catoira, paseo litoral Torres do Oeste - Catoira

    1 comentarios:

    Noemí dixo...

    Grazas por compartir esas fermosas imaxes. Apuntamos esa ruta!

    Real Time Web Analytics