Panorámica Laxe da Moa (cabeceira) Mirada / Gaze Mirada / Gaze Panorámica faro Collendo auga Retratos de Jorge Fuembuena (Plaza Matadero Madrid) Fervenza de Segade (Caldas de Reis) Aceite Arbequina. Aceites Abril Expo Camelia Fonseca Escaleira helicoidal de Bonaval (Domingo de Andrade) - 3 Greas da Groba 4 Catedral de Santiago. Nadal 2012. Posta de sol. Fervenza do Ézaro.

Exposición Camiño de Inverno

  • 9.2.20
  • Logotipo Camiño de Inverno   
    A Asociación de Antigos Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela (Alumni USC) prepara unha exposición sobre o Camiño de Inverno, de Ponferrada a Compostela.
    Está patrocinada polo Xacobeo 21 (Xunta de Galicia) e conta con aportación económicas complementarias de Oca Hotels e LA GALICIANA.
    Participan na mostra con obxectos propios o Ecomuseo Pazo de Arxeriz e o Museo Etnográfico Municipal de Quiroga.
    Esta iniciativa está respaldada polas asociacións vinculadas ao Camiño de Inverno: El Bierzo, Valdeorras e Ribeira Sacra.
    Alumni USC asumiu o reto de plasmar nunha exposición a realidade actual do Camiño de Inverno, destacando o traballo das persoas que contribúen ao seu desenvolvemento, con especial atención á economía rural e social.

    Poderá verse durante todo o mes de marzo no hotel Oca Puerta del Camino, de Santiago de Compostela. A inauguración está prevista para o 29 de febreiro.
     
    Imaxes: 
    1.- Logotipo da exposición deseñado por Ana Cividanes. 
    2.- Campás de Santa María de Nogueira de Miño (Chantada). Unha das imaxes da mostra. 

    Máis información: elcompostelano.online (Manuel Fraga Carou).
     Campás Santa María de Nogueira de Miño (Chantada) - Ribeira Sacra

    0 comentarios:

    Real Time Web Analytics