Panorámica Laxe da Moa (cabeceira) Mirada / Gaze Mirada / Gaze Panorámica faro Collendo auga Retratos de Jorge Fuembuena (Plaza Matadero Madrid) Fervenza de Segade (Caldas de Reis) Aceite Arbequina. Aceites Abril Expo Camelia Fonseca Escaleira helicoidal de Bonaval (Domingo de Andrade) - 3 Greas da Groba 4 Catedral de Santiago. Nadal 2012. Posta de sol. Fervenza do Ézaro.

Francisco Almuíña

  • 8.3.20

  • Esta é unha pequena homenaxe a Francisco Javier Almuíña Chorén (Francisco do Romualdo), unha persoa fóra de serie, que destaca pola súa xenerosidade e solidariedade.
    Trátase dun dos heroes e anfitrións do Camiño de Inverno, de Ponferrada a Compostela, proxecto expositivo promovido por Alumni USC (Asociación de Antigas/os Alumnas/os da Universidade de Santiago de Compostela).

    Francisco preside a Asociación Ribeira Sacra Rural, agrupación empresarial de aloxamentos de turismo rural e empresas de actividades e deportes de aventura na Ribeira Sacra. 

    É guía turístico e zanfonista da Casa do Romualdo. Na exposición aparece na lareira da Casa do Romualdo.
    Coñece mellor ca ninguén cada recuncho das beiras do Miño e da Ribeira Sacra. Unha palpable demostración é a terceira das imaxes, na que guía a un grupo de persoas, coa fotógrafa Mónica R. Goya, autora da reportaxe "La armonía de Ribeira Sacra" para Iberia Excelente.


    Exposición Camiño de Inverno, de Ponferrada a Compostela.
    Hotel Oca Puerta del Camino. Santiago de Compostela.
    Ata o 31 de de marzo. Entrada de balde. Horario: 24 horas.
    Segunda imaxe: Belesar no outono.

    Francisco Almuíña, zanfonista da Casa do Romualdo Belesar no outono Francisco Almuíña, guía da Ribeira Sacra

    0 comentarios:

    Real Time Web Analytics