![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjfWBg7L0ElGE_5N_64tA3cmyj7cAFyU2BJ00R7-dxQ1zwfYm2fq0saJwp6d-nVOZ3UurywLvZM7VXg54kxymu_IBRELggEKWyWsWOriSWyUdpe7_8TXSUA3DDLk_j5-hHBbSvN/s400/Cornelie+Tollens+%27I+am+here%27+2006.jpeg)
Do 3 ao 6 de maio de 2007, terceira edición da Feira Internacional de fotografía contemporánea e vídeo-arte, que promove a Fundación Centro Ordóñez-Falcón de Fotografía, no Kursaal de San Sebastián.
Durante catro días, DFOTO é un punto de encontro de galeristas, coleccionistas, comisarios e críticos de arte interesados na fotografía e no vídeo.
Entre as novidades desta edición, está a incorporación de novas galerías como The project de NY, Akinci de Amsterdam e Rubicon de Dublín. Tamén se reforza o programa de coleccionistas invitados a coñecer as obras destas galerías e as actividades paralelas.
0 comentarios:
Publicar un comentario