Panorámica Laxe da Moa (cabeceira) Mirada / Gaze Mirada / Gaze Panorámica faro Collendo auga Retratos de Jorge Fuembuena (Plaza Matadero Madrid) Fervenza de Segade (Caldas de Reis) Aceite Arbequina. Aceites Abril Expo Camelia Fonseca Escaleira helicoidal de Bonaval (Domingo de Andrade) - 3 Greas da Groba 4 Catedral de Santiago. Nadal 2012. Posta de sol. Fervenza do Ézaro.

Os tesouros do Museo Británico

  • 6.9.09
  • O Museo Británico de Londres abriu as sús portas por primeira vez o 15 de xaneiro de 1759. Dende entón, traballa como centro de erudición internacional e na difusión de coñecementos para a educación.
    A primeira das imaxes corresponde ao proxecto arquitectónico máis recente, o teito do patio principal, ideado por Norman Foster. A continuación, a pedra de Rosetta, un dos tesouros máis importantes do museo, permitiu descifrar os xeroglíficos exipcios. Na terceira fotografía, un faraón da dinastía Ramsés II. Pechan esta colección, un relevo asirio e o monumento das Nereidas.
    Para máis detalles, enlaza co Museo Británico. Visitalo é a mellor maneira de introducirse nas culturas e civilizacións de todo o mundo.

    Teito patio principal Museo Británico (Londres)

    Pedra de Rosetta

    Faraón dinastía Ramsés II

    Relevo asirio

    Monumento das Nereidas
    Real Time Web Analytics