Panorámica Laxe da Moa (cabeceira) Mirada / Gaze Mirada / Gaze Panorámica faro Collendo auga Retratos de Jorge Fuembuena (Plaza Matadero Madrid) Fervenza de Segade (Caldas de Reis) Aceite Arbequina. Aceites Abril Expo Camelia Fonseca Escaleira helicoidal de Bonaval (Domingo de Andrade) - 3 Greas da Groba 4 Catedral de Santiago. Nadal 2012. Posta de sol. Fervenza do Ézaro.
Amosando publicacións coa etiqueta museos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta museos. Amosar todas as publicacións

Museo do Mar de Galicia

  • 18.1.15
  • Proxecto arquitectónico de César Portela, encargado pola Xunta de Galicia.
    Ubicado en Vigo, o Museo do Mar de Galicia é un lugar para comprender a vinculación histórica dos galegos co mar, a través do seu aproveitamento e coñecemento. 
    Dispón de varios edificios de exposicións, acuario e faro. 

    Máis información na web oficial do Museo. 
    Imaxes: 
    1.- Faro 
    2.- Castro da Punta do Muíño (habitado na Idade de Bronce) 
    3.- Interior edificio de exposicións 
    4.- Prensa de salga 
    5.- Grúas no exterior 

     Faro Museo do Mar de Vigo Castro da Punta do Muíño do Vento Interior Museo do Mar de Vigo Prensa de salga Grúas Museo do Mar de Vigo

    A leiteira de Vermeer

  • 26.9.09
  • Un cadro que me hipnotiza. Unha obra única, feita por un mestre no tratamento da luz. Só 45 centímetros de alto e 41 de largo. Vermeer pintouno aproximadamente entre 1657 e 1658.
    A súa casa actual é o Rijksmuseum de Amsterdam, pero hoxe está no Metropolitan de Nova Iorque, ata o 29 de novembro.
    Podes ler o comentario de Antonio Muñoz Molina, en Babelia (El País).

    A leiteira

    Os tesouros do Museo Británico

  • 6.9.09
  • O Museo Británico de Londres abriu as sús portas por primeira vez o 15 de xaneiro de 1759. Dende entón, traballa como centro de erudición internacional e na difusión de coñecementos para a educación.
    A primeira das imaxes corresponde ao proxecto arquitectónico máis recente, o teito do patio principal, ideado por Norman Foster. A continuación, a pedra de Rosetta, un dos tesouros máis importantes do museo, permitiu descifrar os xeroglíficos exipcios. Na terceira fotografía, un faraón da dinastía Ramsés II. Pechan esta colección, un relevo asirio e o monumento das Nereidas.
    Para máis detalles, enlaza co Museo Británico. Visitalo é a mellor maneira de introducirse nas culturas e civilizacións de todo o mundo.

    Teito patio principal Museo Británico (Londres)

    Pedra de Rosetta

    Faraón dinastía Ramsés II

    Relevo asirio

    Monumento das Nereidas

    Bonaval, un lugar único

  • 3.5.09
  • Un lugar de contrastes entre a tradición galega (Museo do Pobo Galego) e a arte actual (Centro Galego de Arte Contemporánea). Un convento cun antigo cemiterio, que da paso a unha horta, un xardín, unha carballeira e moitas zonas verdes, integradas nun parque cheo de misterio e tranquilidade, de entradas e saídas, de fontes e muros de pedra.
    Este espazo tan fermoso foi deseñado por Álvaro Siza e Isabel Aguirre en 1994.
    A primeira das imaxes é a visión de San Agustín e as torres da Catedral dende a parte alta do Parque.
    Bonaval, un lugar único no corazón de Compostela.


    As torres da Catedral e San Agustín dende Bonaval

    Parque de Bonaval

    Porta Bonaval

    Bonaval

    Ábside San Domingos

    Fonte do parque de Bonaval

    Parque de Bonaval e CGAC
    Real Time Web Analytics