A arquitectura de Norman Foster conseguiu repercusión e recoñecemento mundial ao usar o coñecemento técnico para prefigurar o futuro e para superar barreiras físicas ou sociais, desde as súas primeiras obras hai máis de medio século ata a actualidade.
A Norman Foster Foundation, en colaboración co Espacio Fundación Telefónica organizou a exposición "Norman Foster. Futuros comúns", comisariada por Luis Fernández-Galiano, catedrático de Proxectos na Escola de Arquitectura da Universidade Politécnica de Madrid.
Composta por un diálogo entre proxectos pasados, presentes e futuros, a mostra sobre Foster achega unha visión de conxunto única. En palabras do mesmo Norman, a exhibición "é unha mirada ao futuro, pero sen deixar de mirar ao pasado remoto, unha visión que nos dá continuidade. Mostra o outro lado dos proxectos que me motivan, aqueles máis pequenos que poden marcar unha gran diferenza, nos que a tecnoloxía e o imperativo social contribúen a fins sociais como a mellora do cambio climático, a igualdade, o benestar social... Son temas recorrentes ao longo da miña carreira, que teñen continuidade hoxe".
Máis de 30 maquetas, 160 debuxos e varios audiovisuais compoñen esta exposición que reivindica a sensibilidade social do autor, o diálogo entre tradición e modernidade e reflexiona sobre a sustentabilidade e a vida das nosas cidades.
Espacio Fundación Telefónica, Madrid. Ata o 28 de febreiro de 2018.
Artigo recente de Jesús Rodríguez en El País Semanal, con fotografías de Sofía Moro: "Norman Foster, el zurdo tenaz".
Entrevista a Norman Foster sobre a exposición: Youtube.
Fotografías:
1.- Retrato de Norman Foster. Copyright Norman Foster Foundation.
2.- Imaxe da exposición.
3.- Apple Park. Copyright Foster + Partners.
4.- Mexico City Airport. Copyright Norman Foster Foundation.
5.- Château Margaux.Copyright Nigel Young _ Foster + Partners.
5.- Habitáculos lunares. Copyright Foster + Partners.