Panorámica Laxe da Moa (cabeceira) Mirada / Gaze Mirada / Gaze Panorámica faro Collendo auga Retratos de Jorge Fuembuena (Plaza Matadero Madrid) Fervenza de Segade (Caldas de Reis) Aceite Arbequina. Aceites Abril Expo Camelia Fonseca Escaleira helicoidal de Bonaval (Domingo de Andrade) - 3 Greas da Groba 4 Catedral de Santiago. Nadal 2012. Posta de sol. Fervenza do Ézaro.
Amosando publicacións coa etiqueta natureza. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta natureza. Amosar todas as publicacións

Amanita muscaria

  • 18.11.12
  • Tempo de outono.
    Hoxe traio un pequeno agasallo.
    Unha das setas máis chamativas. Na primeira etapa é escarlata e despois de tonalidade laranxa.
    Tóxica, contén varias substancias perigosas.

    Amanita muscaria (sombreiro, pé e volva dun exemplar novo)
    Amanita muscaria (exemplares novos)
    Amanita muscaria

    Cores de outono

  • 6.11.11
  • Carpe diem.

    Cores de outono

    Cores de outono

    Magnolia grandiflora

  • 18.7.10
  • interior flor Magnolia grandiflora

    Fecundación do kiwi

  • 6.6.10
  • O kiwi é unha planta dioica, cada planta ten un único sexo. As abellas transportan o pole das plantas masculinas ás femininas, onde medran os froitos. Este proceso de polinización cruzada e fecundación desenvólvese, no hemisferio norte, nos últimos días de maio.
    Esta marabilla da natureza forma parte da vida segreda das plantas.

    Nas fotografías, variedade Hayward, flores, froitos pequenos e froitos de dous meses.

    flores kiwi

    kiwis iniciando o seu crecemento

    5 kiwis

    Orquídea branca

  • 2.5.10
  • Beleza en estado puro.

    orquídea blanca

    orquídea blanca 5

    Melodía natural

  • 11.4.10
  • Un agasallo da Asociación Española dos Fotógrafos da Natureza (AEFONA). Paisaxes, flora, fauna e imaxes submarinas constitúen o núcleo principal desta composición audiovisual, na que participan 84 fotógrafos da asociación.

    Que cante o merlo

  • 6.4.10
  • Inicia a reprodución.



    72 horas de seguimento a unha parella de merlos con 3 poliños. Ela é pardo-grisácea, el totalmente negro. Recollen pequenos froitos, sementes e miñocas. Son magníficos arquitectos e construtores de niños. Comunícanse cos movementos do corpo e cos seus trinos.
    Moita saúde e que cante o merlo.

    Máis fotografías no álbum de Flickr.
    O Ateneo Fotográfico actúa baixo o código ético dos fotógrafos da natureza (AEFONA)
    .


    Niño de merlo con 3 polos

    Merla con miñocas

    Merla nun chorón

    Merlo pai cos polos

    Parella de merlos

    Praias do Cantábrico

  • 15.11.09
  • As Catedrais e Oyambre, Galicia e Cantabria. Días de outono, novas cores, novos ventos, novas ondas,... o mar reéncontrase consigo mesmo, recupera toda a súa forza e manifesta a súa beleza.

    As Catedrais 1

    Oyambre 2

    Oyambre 1

    As Catedrais 2

    Río Coura

  • 1.11.09
  • Os sendeiros de Paredes de Coura están marcados polo seu río principal. Eduardo e José, de Sendereando, mostráronme este lugar tan fermoso, no que o Borzendes regala as súas augas ao río Coura (terceira fotografía).
    Por certo, as árbores non entenden de regulamentos.

    Eduardo e José no río Coura

    Río Coura

    Río Coura e  Borzendes (afluente)

    As árbores non entenden de regulamentos

    Cabárceno, unha realidade viva

  • 25.10.09
  • Cabárceno é un parque da natureza que acolle aos animais en réxime de semiliberdade. Unha antiga explotación mineira de 750 hectáreas transformouse nun lugar de atracción turística, con fins educativos, culturais, científicos e recreativos.

    Avestruz

    Mirada

    Loita

    Felino

    A xogar!

    Cebras

    O Courel, paraíso da biodiversidade

  • 17.5.09
  • No día das Letras Galegas, no ano de Ramón Piñeiro, quero lembrar a Xesús Manuel Marcos co que subimos á devesa da Rogueira, paraíso galego da biodiversidade.
    Falar do Courel, é falar de carballos, faias, abeleiras, teixos, acivros, pradairos, ameneiros; pero hoxe quero agasallarvos cunha imaxe do Sorbus aucuparia, "serbal dos cazadores", cornabude ou capudre. Moita saúde e que cante o merlo!

    Prados con vistas á devesa da Rogueira

    Néboa na devesa da Rogueira

    Serbal dos cazadores

    Drago milenario de Icod de los Vinos

  • 10.5.09
  • Despois do audiovisual do Umia, recupero hoxe máis imaxes do arquivo fotográfico. As orixinais son diapositivas, realizadas en 1987.
    O drago ("Dracaena draco") de Icod é unha das árbores monumentais das illas Canarias. Aí podes velo co Teide ao fondo.

    Drago milenario de Icod de los Vinos

    Drago e palmeira  de Icod

    Bonaval, un lugar único

  • 3.5.09
  • Un lugar de contrastes entre a tradición galega (Museo do Pobo Galego) e a arte actual (Centro Galego de Arte Contemporánea). Un convento cun antigo cemiterio, que da paso a unha horta, un xardín, unha carballeira e moitas zonas verdes, integradas nun parque cheo de misterio e tranquilidade, de entradas e saídas, de fontes e muros de pedra.
    Este espazo tan fermoso foi deseñado por Álvaro Siza e Isabel Aguirre en 1994.
    A primeira das imaxes é a visión de San Agustín e as torres da Catedral dende a parte alta do Parque.
    Bonaval, un lugar único no corazón de Compostela.


    As torres da Catedral e San Agustín dende Bonaval

    Parque de Bonaval

    Porta Bonaval

    Bonaval

    Ábside San Domingos

    Fonte do parque de Bonaval

    Parque de Bonaval e CGAC

    Solsticio de inverno

  • 21.12.08
  • O solsticio de inverno chega ao hemisferio norte e o solsticio de verán ao hemisferio sur.
    Subímonos á estación espacial internacional, para gozar destas imaxes realizadas polos astronautas.
    A primeira é o atolón Nukuoro, unha das 607 illas da Micronesia. Aquí viven unhas 900 persoas, comunicadas unicamente por vía mariña.
    A continuación, temos o deserto de Rub al Khali, cunha superficie maior que Francia. Pertence a Iemen, Omán e Emiratos Árabes Unidos.
    Finalmente, o volcán Cleveland, un dos máis activos das illas Aleutianas, en Alaska.

    Todos os dereitos reservados, imaxes propiedade da NASA.

    Atolón Nukuoro (Micronesia) - copyright NASA

    Deserto Rub' al Khali - copyright NASA

    Volcán Cleveland (Alaska) - copyright NASA

    Panorámicas dende Montouto

  • 14.12.08
  • Estas fotografías son tres panorámicas realizadas dende Montouto, no solpor dun día de outono.
    A primeira corresponde ao Pico Sacro, lugar cheo de lendas, no leste de Santiago. Máis ao sur, a serra do Candán, onde destaca a potencia dos seus muíños.
    No suroeste, o Xiabre, que se abre paso entre Caldas, Catoira e Vilagarcía.
    As distancias medias aproximadas aos tres puntos son 9, 35 e 25 quilómetros. As imaxes teñen un tratamento de ecualización.

    Pico Sacro

    Serra do Candán

    Xiabre

    Árbores caducifolias, cores de outono

  • 22.11.08
  • Ameneiros, bidueiros, castiñeiros, todos eles perden a súa folla nestas datas.
    Quero agasallarvos cunhas follas moi especiais, de carballo encarnado, Ginkgo biloba, tulipeiro de Virxinia e Liquidambar, verdadeira sinfonía de cores de outono.

    Folla Quercus rubra

    Folla Ginkgo biloba

    Folla Tulipeiro de Virxinia

    Liquidambar
    Real Time Web Analytics