As décadas de 1930 e 1940 foron decisivas para a historia, foron os anos da Grande Depresión e a Segunda Guerra Mundial. A súa pegada na xente e nas cidades quedou inmortalizada nas fotografías de Dorothea Lange. O seu estilo documental, a súa enerxía e a súa fondura, marcan unha identidade propia na fotografía social.
Unha muller instintiva, comprometida, única.
Así comentou ela a experiencia coa protagonista da portada deste libro editado por La Fábrica, con motivo do certame PhotoEspaña 2009:
"Vin a desesperada e famenta nai e aproximeima a ela, atraída por un imán. Non me fixo preguntas. Fixen seis exposicións, traballando cada vez máis próxima a ela. Non lle preguntei polo seu nome, nin pola súa historia. Ela díxome que tiña 32 anos, que vivía de vender verdura conxelada dos campos dos arredores e dos paxaros que mataban os seus fillos. Acababa de vender os neumáticos do coche para comprar comida. Sentouse naquel cobertizo da tenda cos seus fillos apiñados a súa beira, e parecía saber que a miña foto podía axudarlle, e ela axudoume a min."
Esta entrada é unha homenaxe a Florence Owens, retratada por Dorothea Lange.

A exposición continúa aberta ata o 26 de xullo no museo de coleccións do ICO, en Madrid. Consta de 138 fotografías.

A continuación, outras dúas imaxes da exposición:
- Delta del Yazoo, Mississipi, 1938 MoCP Chicago. Gift of Katharine Taylor Loesch, copyright Dorothea Lange.
- Granxeiros de Arkansas desafiuzados, Bakersfield, California, 1935 MoCP Chicago. Museum purchase. Estate of Hazel Jean Hanson, copyright Dorothea Lange.