Panorámica Laxe da Moa (cabeceira) Mirada / Gaze Mirada / Gaze Panorámica faro Collendo auga Retratos de Jorge Fuembuena (Plaza Matadero Madrid) Fervenza de Segade (Caldas de Reis) Aceite Arbequina. Aceites Abril Expo Camelia Fonseca Escaleira helicoidal de Bonaval (Domingo de Andrade) - 3 Greas da Groba 4 Catedral de Santiago. Nadal 2012. Posta de sol. Fervenza do Ézaro.

Kodak

  • 22.1.12
  • Hoxe teño que facer unha pequena homenaxe a Kodak, fundada por George Eastman (na imaxe inferior) en 1881. Despois de múltiples avatares e da crise vinculada á fotografía dixital, presentou concurso de acredores o día 19 de xaneiro de 2012.
    En primeiro lugar, aparece a cámara Kodak Brownie, de 1900 (autor: Thomas Ambridge). A continuación, o fermoso obxectivo da Vollenda 620, unha máquina dos anos 30 (autor: Kolossos). E finalmente a Instamatic 25, que foi a miña primeira cámara.
    Esta homenaxe sería incompleta se non falo da película Kodachrome, tan usada no cine e na fotografía. Para min, está especialmente relacionada coa diapositiva. E un agasallo especial, dous exemplos moi relevantes de imaxes realizadas con esta película:
    1.- A nena afgana, retratada en 1984 por Steve McCurry, que foi portada de National Geographic en 1985. O seu nome é Sharbat Gula. O mesmo fotógrafo retratouna 18 anos máis tarde, cando tiña 30 anos.
    2.- Londres no ano 1949. É a avenida Shaftesbury. O autor da fotografía foi Chalmers Butterfield.


    George Eastman, fundador de Kodak

    Kodak Brownie (1900). Autor: Thomas Ambridge

    Kodak Vollenda 620. Anos 30. Autor: Kolossos

    la foto.JPG

    Mujer afgana. National geographic

    Londres 1949 (Shaftesbury Avenue)

    1 comentarios:

    marta dijo...

    Se merece el homenaje, muy interesante

    Real Time Web Analytics