Panorámica Laxe da Moa (cabeceira) Mirada / Gaze Mirada / Gaze Panorámica faro Collendo auga Retratos de Jorge Fuembuena (Plaza Matadero Madrid) Fervenza de Segade (Caldas de Reis) Aceite Arbequina. Aceites Abril Expo Camelia Fonseca Escaleira helicoidal de Bonaval (Domingo de Andrade) - 3 Greas da Groba 4 Catedral de Santiago. Nadal 2012. Posta de sol. Fervenza do Ézaro.

Auroras boreais

  • 24.11.12
  • FOCO Gallery organizou unha viaxe fotográfica a Tromsø (Noruega) coa idea de retratar as auroras boreais.
    Participaron nesta expedición varios fotógrafos que colaboran coa galería, Alicia Rius, Carlos Balsalobre, Carlos Serrano, Laura Medrano, Manuel Vilches, Pedro J. Alcázar e Roderic Pla.
    O resultado deste traballo plásmase na exposición "Tromsø, 72 horas para vivir o soño ártico", que podes contemplar ata o 22 de decembro no edificio Quercus IP do parque empresarial Costa Vella, de Santiago de Compostela. 
    O horario será de 9 a 14,30 horas e de 16 a 19 horas, de luns a venres.

    A continuación, unhas fotografías recollidas na presentación das xornadas. Na primeira delas, de esquerda a dereita, Blanca Fernández, directora de Quercus IP, Carlos Balsalobre, que explicou a expedición e falou das viaxes fotográficas, e Carlos García Fraile, director de FOCO Gallery. Na última das imaxes, mapa de Google Earth coa ubicación de Tromsø.

    Presentación Viaxes fotográficas. FOCO Gallery. Exposición en Quercus IP Auroras boreais ( Exposición Quercus IP - FOCO Gallery) Exposición Quercus IP - FOCO Gallery Exposición Quercus IP - FOCO Gallery. Fotos de Carlos Balsalobre Ubicación Tromso (Google Earth)
    Real Time Web Analytics