Panorámica Laxe da Moa (cabeceira) Mirada / Gaze Mirada / Gaze Panorámica faro Collendo auga Retratos de Jorge Fuembuena (Plaza Matadero Madrid) Fervenza de Segade (Caldas de Reis) Aceite Arbequina. Aceites Abril Expo Camelia Fonseca Escaleira helicoidal de Bonaval (Domingo de Andrade) - 3 Greas da Groba 4 Catedral de Santiago. Nadal 2012. Posta de sol. Fervenza do Ézaro.

Olladas de luz

  • 9.8.17
  • Exposición conxunta de Xulio Barreiro e Vito Diéguez, sobre os faros da Costa da Morte.
    Organizada pola Asociación de Empresarios e de Promoción Turística de Camariñas.
    Di Vito que "os faros son parte das miñas raíces, especialmente o faro Vilán". Os seus pais e a súa avoa sempre lle preguntaban: "Por que vas todos os días pola mañá e no solpor ao Vilán, se o faro é sempre o mesmo?". A resposta saíalle da alma: "Cada vez que chego ao faro é sempre un faro novo, xa que a luz é distinta, a forma das nubes, o brillo na paisaxe e tamén as cores do mar".

    Podes ver a exposición durante o mes de agosto, en Cabo Vilán.
    Curriculum dos autores na páxina oficial da Asociación de Empresarios.
    A Asociación de Antigos Alumnos da Universidade de Santiago ten que organizar unha tertulia con estes dous artistas, para conmemorar o remate do Camiño dos Faros.

    Imaxes
    As dúas primeiras fotografías son da inauguración da exposición.
    A terceira, Faro do Roncudo, copyright Xulio Barreiro.
    A continuación, Algas do Vilán, copyright Vito Diéguez.
    En quinto lugar, Faro Touriñán, copyright Xulio Barreiro.
    E finalmente, Lanterna do Faro Vilán, copyright Vito Diéguez.


    Xulio Barreriro + Vito Diéguez Inauguración Exposición Olladas de luz Faro Roncudo - Copyright Xulio Barreiro ALGAS - Cabo Vilán - Copyright Vito Diéguez Faro Cabo Touriñán -  Copyright Xulio Barreiro Lanterna - Faro Cabo Vilán - Copyright Vito Diéguez
    Real Time Web Analytics