Panorámica Laxe da Moa (cabeceira) Mirada / Gaze Mirada / Gaze Panorámica faro Collendo auga Retratos de Jorge Fuembuena (Plaza Matadero Madrid) Fervenza de Segade (Caldas de Reis) Aceite Arbequina. Aceites Abril Expo Camelia Fonseca Escaleira helicoidal de Bonaval (Domingo de Andrade) - 3 Greas da Groba 4 Catedral de Santiago. Nadal 2012. Posta de sol. Fervenza do Ézaro.

Joana Vasconcelos. Son o teu espello

  • 21.10.18
  • O Museo Guggenheim Bilbao presenta una selección de trinta obras realizadas desde 1997 por Joana Vasconcelos, a artista portuguesa máis internacional.
    Pezas de grandes dimensións vinculadas coa viada cotiá, cun sentido sempre irónico. Joana constrúe un universo de imaxes que abordan desde a inmigración á violencia de xénero.
    A obra que dá nome á exposición é unha enorme e sorprendente máscara veneciana creada por superposición de espellos. O título está tomado da canción escrita por Lou Reed, I'll be your mirror.

    Imaxes
    En terceiro lugar, "Marilyn", realizada en 2011, con potas e tapas de aceiro inoxidable e formigón.
    A continuación, "A todo vapor" (2012-2014), con ferros de vapor, sistema hidráulico de baixa presión e auga desmineralizada.
    En quinto lugar, "Solitario", obra de 2018, con lamias de aleación lixeira e vasos de whisky de cristal. Representa un anel de compromiso, un dos obxectos máis desexados do mundo.
    Finalmente, visitantes na parte exterior do museo.

    Todas as imaxes copyright Joana Vasconcelos, VEGAP, Bilbao, 2018.
    A fotografía de Joana foi realizada por Kenton Thatcher, copyright Unidade Infinita Projectos. As fotografías segunda e cuarta son de Luís Vasconcelos.

    Información detallada na web oficial do Museo Guggenheim Bilbao.

    Joana Vasconcelos - Foto Kenton Thatcher Máscara - Luís Vasconcelos Marilyn - 2011 A todo vapor - Foto Luís Vasconcelos Solitario Imaxe exterior do Museo Guggenheim Bilbao

    0 comentarios:

    Real Time Web Analytics