Na mañá de hoxe, entre as 9 e as 11, a lúa chegou a ocultar máis das tres cuartas partes do sol.
Ambiente festivo no Observatorio Astronómico Ramón María Aller de Santiago de Compostela, que organizou unha sesión pública de seguimento da eclipse.
Neste ano 2015 tamén teremos a
oportunidade de contemplar unha eclipse total de lúa, será na noite do 27 ao 28
de setembro.
A segunda das imaxes é do propio Observatorio. A quinta fotografía é unha proxección mediante prismáticos.








































