Panorámica Laxe da Moa (cabeceira) Mirada / Gaze Mirada / Gaze Panorámica faro Collendo auga Retratos de Jorge Fuembuena (Plaza Matadero Madrid) Fervenza de Segade (Caldas de Reis) Aceite Arbequina. Aceites Abril Expo Camelia Fonseca Escaleira helicoidal de Bonaval (Domingo de Andrade) - 3 Greas da Groba 4 Catedral de Santiago. Nadal 2012. Posta de sol. Fervenza do Ézaro.

Hawaii e a biodiversidade

  • 12.5.07


















  • O clima e o illamento de Hawaii, situado en medio do Pacífico, a 2.400 millas do continente máis próximo, proporcionou un entorno especialmente benigno para a conservación da súa natureza e o desenvolvemento de especies que só se atopan neste punto da terra.
    Nun principio, estas terras de orixe volcánico foron colonizadas por especies de lugares remotos que chegaron ás illas en forma de sementes transportadas polo vento, a auga ou as ás dunhas poucas aves capaces de percorrer semellantes distancias.
    Co tempo e a diversidade de climas que ofrecen estas illas, as especies colonas evolucionaron ata transformarse, en moitos casos, en especies novas e exclusivas de Hawaii, que se converteu nun auténtico paraíso para o desenvolvemento dunha biodiversidade única no planeta.
    Desafortunadamente, dende finais do século XVIII, coa introdución de plantas invasivas e animais depredadores, esta riqueza natural foi perdéndose, e a situación empeora día a día coa urbanización indiscriminada e a presión do turismo.
    Segundo a UMNC (Unión Mundial para a Conservación da Natureza), 85 plantas endémicas (só atopadas en Hawai) atópanse hoxe en día en perigo de extinción.



















    Texto e fotografías: Noemí Iglesias Rodríguez
    (flores de Plumeria, Hibisco e Buganvillea)

    1 comentarios:

    An dijo...

    una buganvilla identica a esta ultima la tine mi hermana por todo el balcon de su casa, un saludo, hermosas fotos :)

    Real Time Web Analytics