Tarde de Nadal. Antes de saír da casa, xa subira a presión, o que indica unha melloría do tempo nas próximas horas. Un momento de transición, nubes, ceo parcialmente azul, unhas gotas de auga, pouco vento e unha sensación térmica máis de outono que de inverno. En poucos segundos, un cambio de luz anticipa un momento máxico. A Catedral de Santiago atrapada polo arco da vella. Unha posta de sol única no Obradoiro.


























